O Colexio de Avogados fai público un acordo a prol do galego nas actuacións xudiciais
O pasado 30 de abril o Colexio de Avogados de Santiago fixo público un comunicado no que reitera o seu compromiso co uso do galego na Xustiza.
A Xunta de Goberno do colexio compostelán acordou na súa xuntanza do día 29/04/2008 emitir un comunicado de apoio en relación coa polémica suscitada durante as últimas semanas a raíz dunha sentenza pronunciada en galego pola maxistrada Ana López-Suevos Fraguela. Neste acordo, aprobado por unanimidade e por iniciativa da Agrupación de Xoves Avogados de Compostela, considérase “especialmente correcta” a actuación desta maxistrada. Así mesmo, o colexio de avogados compostelán reitera o seu apoio e solidariedade a todos aqueles operadores xurídicos que vexan menoscabados os propósitos indicados neste acordo.
O acordo, que se basea fundamentalmente nas catro premisas en que se apoiou a campaña Avogamos polo galego lanzada a finais do 2007 polo Servizo de Asesoramento Lingüístico do colexio, constitúe un feito clave para continuar avanzando no proceso normalizador que se está a vivir neste ámbito.
Na prensa:
Pechar xanela