Curso de linguaxe xurídica galega. Nivel superior
O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela organiza un curso de linguaxe xurídica galega destinado á formación da avogacía compostelá. O curso conta coa homologación oficial da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
- Lugar: aula de formación do Colexio (rúa de Eduardo Pondal, 4, baixo)
- Datas: 22 de setembro ao 11 de novembro
- Días: de luns a xoves
- Horario: de 20:00 a 22:00 h (este horario poderá modificarse en función das necesidades puntuais de aula)
O curso terá unha duración de 75 horas: 60 horas lectivas, coa obrigada presenza de todo o alumnado, e 15 horas de tratamento individualizado, en que o alumnado poderá realizar actividades presenciais específicas de reforzo e/ou actividades prácticas complementarias.
Para matricularse neste curso é requisito indispensable ter aprobado ou validado o curso medio de linguaxe xurídica galega. As persoas matriculadas deberán achegar unha fotocopia compulsada da certificación que acredite que teñen superado o curso medio de linguaxe xurídica galega, ou ben da correspondente validación.
Aberto o prazo de matrícula. Os/as colexiados/as e demais persoas en xeral interesadas en asistir a este curso poden formalizar a matrícula do seguinte xeito:
- Descargar a ficha de inscrición (para cubrila e entregala na secretaría ou por fax)
A admisión neste curso farase por rigorosa orde de inscrición ata cubrir as 25 prazas dispoñibles. Terán preferencia na matrícula os/as profesionais adscritos/as ao Colexio de Avogados de Santiago de Compostela. O custo da matrícula é gratuíto.
Para máis información, poderá dirixirse ao Servizo de Asesoramento Lingüístico:
Rúa de Eduardo Pondal, 4, baixo
Teléfonos: 981 581 713 / 981 560 543
Fax: 981 581 132
Correo: linguista@icasantiago.org
Pechar xanela