Luís García Mañá: “Nós, os galegos, temos que coidar o noso idioma porque non o van coidar outros por nós.”
Nunha entrevista concedida á revista colexial Avogacía Compostelá o xefe superior da Policía en Galicia, Luís M. García Mañá, opinou sobre a normalización da nosa lingua. Transcribimos deseguido este momento da entrevista realizada por Paulo López e José R. Oulego.
![]()
Avogacía Compostelá: Vostede é un gran partidario da normalización lingüística. É un labor duro, sobre todo traballando nun corpo nacional como é a policía?
Luís García Mañá: Non. Para min é natural. Utilizo o galego e o castelán indistintamente. Son consciente de que pertenzo a un corpo estatal e que incluso ten que traballar fóra da fronteira do estado. Son dos que pensa que os idiomas son a ferramenta de comunicación máis potente que hai. Se un policía está nunha terra con lingua propia e ten a posibilidade de empregala, vai ter unha ferramenta singular para comunicarse cos seus concidadáns e poder así captar a información que precisa para facer ben o seu traballo. E nós, os galegos, temos que coidar o noso idioma porque non o van coidar outros por nós. Pero iso non pode supor que se rexeite ningún outro idioma.
(“NÓS, OS GALEGOS, TEMOS QUE COIDAR O NOSO IDIOMA PORQUE NON O VAN COIDAR OUTROS POR NÓS”)
Luís M. García Mañá é xefe superior da Policía en Galicia. É membro correspondente da Real Academia Galega, recentemente foille concedida a Medalla de Ouro do Eixo Atlántico. Licenciado en Dereito, tamén cursou estudos de Maxisterio, Toxicología Forense e Antropoloxía Cultural. Foi Comisario Xefe de Policía en Madrid e Vigo e na Comisaría Provincial de Ourense. É membro do Instituto de Estudos Vigueses, do Patronato da Fundación dos Premios da Crítica, do Consello da Fundación Otero Pedrayo, da Fundación Faustino Santalices, vogal da Fundación dos amigos da Universidade de Vigo e xuíz honorario do Couto Mixto. Está en posesión de distintas condecoracións e graos das ordes do Mérito Civil, Mérito Policial e Mérito Naval.
Pechar xanela