Colexiación

A incorporación de novos/as colexiados/as é un servizo administrativo que se presta nas oficinas da Secretaría, situada na sede central do Colexio de Avogados na R/ Eduardo Pondal núm. 4 baixo, onde se atenden as solicitudes das novas incorporacións (tanto exercentes coma non exercentes), incorporacións de colexiados/as procedentes doutros países da UE e procedentes doutros países non comunitarios.

  • Horario: de 9:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, de luns a venres.
  • Departamento de altas colexiais: Rebeca Cotelo Ramos.
  • Teléfono: 981 581 713
  • Correo-e: contabilidade@icasantiago.org
Requisitos para a colexiación
Colexiados/as exercentes:
  • Instancia dirixida ao Excmo. decano do Colexio
  • Título de licenciado/a en Dereito, testemuño deste ou fotocopia compulsada
  • Alta na Mutualidade Xeral da Avogacía ou, de ser o caso, no Réxime de Autónomos
  • Certificación do Consello Xeral da Avogacía Española: 165,95 euros (21% IVE incluído. Pagamento na secretaría en efectivo)
  • Declaración censual (modelo 037 de facenda)
  • Dúas fotografías tamaño carné
  • Fotocopia do DNI
  • Cubrir o impreso de incompatibilidades
  • Carta de domiciliación bancaria para debitar os recibos
  • Certificado de Penais
  • Cota de entrada 300 € (exento de IVE)
  • Cota colexial trimestral 109,20 € (exento de IVE)
  • Cota censo letrados: 11,86 euros (exento de IVE)
  • Carné colexial con sinatura dixital 20 € (exento de IVE)
  • Pagamento en efectivo, tarxeta ou ingreso en: Caixabank C/ ES43-2100-4876-xx-xxxxxxxxxx. R/ Da Rosa, Santiago
  • Seguro de responsabillidade civil: non obrigatorio. Non incluido na cota colexial
  • No caso de incorporarse como letrados/as exercentes por conta allea deben achegar certificación da súa empresa, que acredite que o/a letrado/a está contratado/a como avogado/a con dedicación exclusiva, e o número de afiliación ao Réxime Xeral da Seguridade Social do letrado.

 

Colexiados/as non exercentes:
  • Instancia dirixida ao Excmo. decano do Colexio
  • Título de licenciado/a en Dereito, testemuño deste ou fotocopia compulsada
  • Certificación do Consello Xeral da Avogacía Española: 101,58 euros (21% IVE incluído. Pagamento na secretaría en efectivo)
  • Alta opcional na Mutualidade da Avogacía ou no seu caso en Autónomos
  • Unha fotografía de tamaño carné
  • Fotocopia do DNI
  • Carta de domiciliación bancaria
  • Cota de entrada 300 € (exento de IVE)
  • Cota colexial Trimestral 43,12 (exento de IVE)
  • Cota censo letrado: 11,86 euros (exento de IVE) (Só a ingresar para Non Exercentes Residentes)
  • Pagamento en efectivo, tarxeta ou ingreso en: Caixabank C/ ES43-2100-4876-xx-xxxxxxxxxx. R/ Da Rosa, Santiago
  • Carné Colexial 20 € (exento de IVE)
Exercicio da avogacía en españa por extranxeiros
Altas e Baixas

Unha vez entregada toda a documentación para solicitar a alta, tramitarase na Xunta de Goberno seguinte, que se reúne cada 15 días. De acordar a Xunta de Goberno a alta, esta comunicaráselle ao/á novo/a colexiado/a por escrito, e remitiráselle o nº de colexiado/a e o seu carné profesional.

Para solicitar a baixa como colexiado/a só ten que remitir unha solicitude por escrito á secretaría do Colexio dirixida ao decano ou á Xunta de Goberno.

Cotas Colexiais
Cotas colexiais de incorporación:
  • Exercentes: 300 € (exento de IVE)
  • Non exercentes: 300 € (exento de IVE)
Cotas colexiais trimestrais:
  • Exercentes residentes: 109,20 € (cota trimestral)
  • Exercentes non residentes: 43,12 € (cota trimestral)
  • Non exercentes: 43,12 € (cota trimestral)
Cotas Censo Letrados CGAE:
  • 11,86 € (exento de IVE) / Trimestre (só letrados/as residentes)