Citas de lei

No ámbito público, todo o mundo ten dereito a desenvolver todas as actividades na súa lingua, se é a lingua propia de onde reside. (Artigo 12.1 DUDL)

As actuacións xudiciais realizadas e os documentos presentados no idioma oficial dunha comunidade autónoma terán, sen necesidade de tradución ao castelán, plena validez e eficacia. (Artigo 231.4 LOPX)

No ámbito territorial de Galicia, os cidadáns poderán utilizar calquera das dúas linguas oficiais nas relacións coa Administración de Xustiza. (Artigo 7.1 LNL)

As actuacións xudiciais en Galicia serán válidas e producirán os seus efectos calquera que sexa a lingua empregada. En todo caso, a parte ou interesado terá dereito a que se lle entere ou notifique na lingua oficial que elixa. (Artigo 7.2 LNL)

As partes comprométense a asegurar que os órganos xurisdicionais, por solicitude dunha das partes, leven o procedemento nas linguas rexionais ou minoritarias. (Artigo 10.1 CELRM)

As partes comprométense a facer accesibles, nas linguas rexionais ou minoritarias, os textos lexislativos nacionais máis importantes e aqueles que se refiren en particular aos falantes das devanditas linguas, a menos que xa se dispoña de tales textos doutro modo. (Artigo 10.3 CELRM)


Creative Commons License