LEXNET

O ministro de Xustiza anunciou que a partir do 1 de xaneiro de 2016 os profesionais da Xustiza e os órganos xudiciais estarán obrigados a empregar os sistemas telemáticos existentes na Administración de xustiza para a presentación de escritos e documentos e a realización de actos de comunicación procesual, o que significa que nesa data o avogado deberá asumir como unha obriga máis o compromiso de acceso ou consulta ao sistema de notificacións a través de Lexnet, utilizando a súa tarxeta ACA que o acredita como letrado.

  • Que é LEXNET Abogacía?

Lexnet é unha plataforma de intercambio seguro de información entre os órganos xudiciais e os operadores xurídicos que no seu traballo diario necesitan intercambiar documentos xudiciais. Para lles facilitar aos letrados o uso dese sistema, RedAbogacía desenvolveu Lexnet Abogacía, servizo que che permite recoller e xestionar de forma telemática as notificacións, así como remitir escritos ou demandas aos órganos xudiciais nos procedementos en que non sexa preceptivo o procurador.