Servizo de Orientación Xurídica sobre Vivenda

O Colexio de Avogados de Santiago de Compostela ofrece este servizo, en colaboración coa Consellería de Infraestruturas e Vivenda, co obxecto de asesorar legalmente a aquelas persoas que se atopen en situación de desamparo ante a posible perda da súa vivenda.

Servizos
O asesoramento e a orientación comprenden todos aqueles aspectos referidos a trámites de carácter administrativo, previos ou non incluídos no proceso xudicial, no ámbito relacionado cos dereitos e as obrigas das persoas en risco de perder a súa vivenda como consecuencia dun procedemento de execución hipotecaria, pola falta de pagamento da renda de alugueiro ou por calquera outra circunstancia imprevista ou sobrevida, sempre que esta vivenda constitúa o seu domicilio habitual e permanente.

Tamén se ofrece asesoramento sobre programas de axudas aprobados polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), dirixidos a evitar a perda da vivenda a persoas en situación de desamparo ou a solucionar problemas derivados dun posible realoxamento.

Así mesmo, o servizo inclúe a prestación de mediación e arbitraxe en todos os supostos que, existindo convenio arbitral entre as partes, non poidan acollerse ao ámbito do sistema arbitral de Consumo.

Persoas beneficiarias
Poderán beneficiarse deste servizo todas as persoas que acrediten carencia de recursos económicos. Para esta valoración tomarase como referencia os requisitos básicos establecidos no artigo 3 da Lei 1/1996, do 10 de xaneiro de asistencia xurídica gratuíta.

Atención do servizo

  • Día: todos os mércores, sen cita previa (se algún é festivo, pasarase ao día anterior)
  • Horario: de 10.00 a 13.00 h
  • Lugar: Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, rúa de Eduardo Pondal, 4
  • Máis información: no teléfono 981 581 713 ou presencialmente nas dependencia do Colexio, en horario de oficina (9.00 a 14.00 h e 17.00 a 20.00 h; os venres de 9.00 a 14.30 h)

 

pdf lista de letrados (guardia 2016)

 Manual e documentación

pdf Medidas da Xunta de Galicia frente aos desafiuzamentos

pdf Protocolo de actuación