Web oficial do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela - Galicia - Spain

Men Vertical en acorden con jQuery

>>Vida Colexial

Censo de letrados ICA Santiago

Estudio sobre a puntualidade dos órganos xudiciais

Acordo da xunta xeral extrordinaria 29-01-2007

Asistencias ao detido e quenda de oficio ano 2006

Celebración da festividade de San Raimundo de Peñafort 2007

Visita de Conde Pumpido ao Colexio de Avogados

Convenios do Colexio de Avogados de Santiago

O noso equipo de fútbol segue a cosechar triunfos

----

Censo de letrados ICA Santiago

A día 31 de marzo de 2007 figuran dados de alta neste Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela 874 colexiados, dos cales:

  • 583 son letrados Exercentes RESIDENTES
  • 180 son letrados Exercentes NON RESIDENTES
  • 111 son colexiados NON EXERCENTES

Dos 583 letrados exercentes residentes, 247 son mulleres e 336 son homes.

Por idades facer constar que o 54,88% son menores de 40 anos, o 31,38% sitúanse entre os 40 e 50 anos e o 14,23% son maiores de 50 anos.

Inicio

Estudio sobre a puntualidade dos órganos xudiciais

Por acordo desta Xunta de Goberno, de data 29 de marzo de 2007, procederase novamente á realización do estudio sobre a puntualidade dos órganos xudiciais, mediante unha enquisa entre os letrados deste Colexio para determinar a puntualidade na hora de señalamento e celebración das vistas nos Xulgados de Santiago de Compostela, e para o cal se pide novamente a máxima colaboración de todos os nosos letrados.

Para poder realizar, unha vez máis, esta enquisa, ponse a disposición de todos os colexiados nas oficinas que este Colexio de Avogados ten no edificio dos Xulgados de Fontiñas, unhas follas nas que se piden os seguintes datos: Data / Xulgado / Procedemento / Hora de señalamento / Hora de celebración / Sinatura colexiado / Observacións. Todos aqueles letrados que queiran cumprimentar a devandita enquisa, deberán solicitar o correspondente formulario ao persoal do Colexio - oficina de Fontiñas - e cumprimentalo persoalmente nas devanditas dependencias.

Inicio

Acordo da xunta xeral extrordinaria 29-01-2007

“CRITERIOS ORIENTADORES E CUSTOS DE REFERENCIA DAS ACTUACIÓNS PROFESIONAIS DO ILUSTRE COLEXIO DE AVOGADOS DE SANTIAGO”

Ante a problemática xurdida en materia de Baremo de honorarios como consecuencia do proceso de reforma na devandita normativa, que se iniciou dende a Comisión Europea e pola Dirección Xeral de Defensa da Competencia do Ministerio de Economía e Facenda Español, e o Aco rdo do Consello da Avogacía Galega de data 29 de dece m b ro de 2007, polo que deixábase sen efe c to o aco rdo de data 27 de sete m b ro de 2001 no que se aprobaron os Baremos de Honorarios dos Ilustres Colexios de Avogados de Galicia, e vistos os últimos escritos do Consello Xeral da Avogacía Española e a Dirección Xeneral de Defensa da Competencia, a Xunta Xeral deste Ilustre Colexio de Avogados de Santiago, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 29 de xaneiro de 2007, tomou o acordo de aprobar os novos Criterios Orientadores e Custos de Referencia das actuacións profesionais deste Ilustre Colexio de Avogados de Santiago.

FINALIDADE ORIENTADORA E DE REFERENCIA: Os presentes Criterios como a súa denominación indica- responden a unha finalidade orientadora e de referencia, ao obxecto de esta b lecer unhas pautas que sirvan de fundamento para fixar os honorarios profesionais dos Avogados.

O Letrado, ponderando as circunstancias concorrentes en cada caso, é libre para pactar co seu cliente a contía dos seus honorarios, sen máis limitacións que as que resulten das re g ras esta b lecidas no Código deontolóxico e a normativa vixente en materia de libre competencia.

A aplicación dos presentes Criterios, respetando a normativa vixente en materia de libre co m p e tencia, servirá especialmente de guía sempre que se solicite o parecer deste Colexio de Avogados, nos seguintes supostos:

a) Cando non exista pacto ou presuposto escrito respecto á cuantificación dos honorarios e estes sexan obxecto de discusión entre Avogados ou entre Avogado e Cliente.

b) Cando a minuta pretendida polo Avogado sexa obxecto de impugnación ante calquera órgano xudicial, xa sexa nun procedemento específico de reclamación ou repercusión de honorarios (xura de contas ou taxación de costas), xa sexa en calquera outro procedemento.

c) Cando, de acordo coa normativa vixente en materia de Asistencia Xurídica Gratuíta, o Letrado teña dereito ao reintegro económico dos seus honorarios.

ÁMBITO DE APLICACIÓN: Os pre s e n tes Criterios serán de aplicación en todas aquelas actuacións profesionais que os Avogados adscritos ou non ao Ilustre Colexio de Avogados de Santiaigo de Compostela desempeñen no ámbito territorial que corresponda a este Ilustre Colexio de Avogados.

CARÁCTER ORIENTADOR: Estes Criterios terán carácter simplemente orientador. En ningún caso as cantidades fixadas como orientadoras poderán ser consideradas como mínimas.

LIBERDADE DE FIXACIÓN DE HONORARIOS: O avogado ten dereito a convir libremente a contía dúas seus honorarios con quen solicite os seus servizos, sen máis limitacións cás indicadas polas leis de defensa da competencia e de competencia desleal, e polas normas do Código deontolóxico. En ta les supostos, o presente baremo terá, simplemente, carácter interpretativo da vontade contractual das partes.

INCREMENTO DO IPC: As contías orientadoras contidas nos presentes Criterios incrementa ranse nun 17,5%, que é a suba do IPC dende xaneiro de 2002 ata decembro de 2006. A partir do 2007 actualizaranse anualmente coa subida do IPC correspondente.

ENTRADA EN VIGOR: A entrada en vigor dos devanditos Criterios se retrotraerá ao 1 de febreiro de 2002 e se aplicará a todos aqueles procedementos ou actuacións iniciados con posterioridade a dita data.

Así mesmo, acórdase remitir copia deste aco rdo ao Consello Xeral da Avogacía Española e ás Asociacións de Consumidores e Usuarios, así como a publicación dos Criterios Orientadores na páxina web do Colexio (zona de acceso libre) para o seu coñecemento xeral a todos os usuarios e consumidores. Polo momento non se editarán en papel estes Criterios Orientadores xa que a Comisión de Honorarios deste Colexio segue traballando na actualización, modificación e reestruturación destes Criterios, traballos que finalizarán nun prazo aproximado de 3 meses, e que despois da súa aprobación definitiva serán editados e distribuídos entre todos os colexiados.

Inicio

Asistencias ao detido e quenda de oficio ano 2006

Durante o ano 20006 este Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela tramitou un total de 2.026 expedientes de Xustiza Gratuíta, dos cales 1.010 asuntos corresponden a Asistencias ao Detido efectuadas polos Señores Letrados adscritos ao Servizo de Asistencia ao Detido ou Preso e 1.016 á Quenda de Oficio, tramitados polos solicitantes do Beneficio de Xustiza Gratuíta ante o Servizo de Orientación Xurídica deste Colexio.

ASISTENCIAS AO DETIDO:

Primeiro cuatrimestre ano 2.006.............................. 346

Segundo cuatrimestre ano 2.006............................ 361

Terceiro cuatrimestre ano 2.006.............................. 303

TOTAL 1.010

QUENDAS DE OFICIO:

CLASES DO PROCEDEMENTO Nº DE ASUNTOS
XURISDICCIÓN PENAL
533
XURISDICCIÓN CIVIL
304
XURISIDCCION CONTENCIOSO - ADMINISTRATIVA
65
XURISDICCION SOCIAL
28
RECURSOS DE CASACION E AMPARO
6
ACTUACIÓNS EXTRAPROCESUAIS
33
NORMAS XERAIS
47
TOTAL ASUNTOS
1.016
Secretaría Técnica - ICA Santiago

Inicio

Celebración da festividade de San Raimundo de Peñafort 2007

Como ven sendo habitual, o Colexio celebrou como acto destacado do ano a festividade do noso patrón San Raimundo de Peñafort. O día escollido para tal celebración foi o venres 19 de xaneiro de 2007.

A celebración comezou ás 6 da tarde co oficio relixioso celebrado nunha das capelas máis emblemáticas da catedral Compostela, a capela da Corticela, na que se oficiou unha misa polo compañerios falecidos.

As sete da tarde e con puntualidade británica, deu comezo no Salón Nobre do Pazo de Fonseca, a entrega das medallas de ouro do Ilutres Colexio de Avogados de Santiago. Presidiron este solemne acto o noso Decano o Excmo. Alcalde de Santiago de Compostela e o tamén Excmo. Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen contar cos innumerables persoeiros do mundo da xudicatura e da política que alí se deron cita. As medallas foron outorgadas a tres compañeiros cunha traxectoria máis que salientable que todos coñecemos: o insigne letrado laboralista Juan Bautista Gerpe Castro, o ex conselleiro de Xustiza, Jesús Palmou Lorenzo e ó noso veterano compañeito Jesús Bernardo Sánchez Fernández, a quen se lle impuxo a medalla de ouro e brilantes do noso Colexio como premio a unha traxectoria de máis de corenta anos de exemplar exercicio profesional.

Deixando un cativo descanso, ás dez da noite tivo lugar no Hotel NH Obradoiro de Santiago a tradicional cea do Colexio de Avogados. Un espectacular ambiente preconizaba unha velada do máis amena e entretida entre compañeiros. Totalizáronse ó redor de 350 comensais, co que a deste ano foi unha das ceas máis concorridas. O menú que se desgustou foi tan exquisito que case todos, incluído o que subscribe, nos quedamos con gañas de repetir. O versallesco menú que se despachou, entre longas fías de camareiros, é digno de pública mención, incluso con poética entoación:

  • Dado de foie caramelizado con puré de mango.
  • Ensalada de xamón de pato con cebola asada e vinagreta de boletus.
  • Milfollas de rodaballo recheo de vieira e langostino salvaxe con salsa de cigalas.
  • Medallón de solombo de tenreira asada con purá de cabaza e espárragos fritos crocantes.
  • Mouse de piña e cóctel de froitas frescas con xeado de iogur.
  • Surtido de Trufas.

Despois de tomalo café, ofrecéronnos ós comensais alí presentes unha degustación de espirituosos variados que fixeron as delicias dos asistentes. Por último e coma colofón final, para remata-la velada (ou empezala para algúns) a organización do Hotel deletounos coa asistencia dunha orquestra que tocou ata altas horas da madrugada para gusto e recogixo do entregado público asistente.

Paulo López Porto

Inicio

Visita de Conde Pumpido ao Colexio de Avogados

Fiscal Xeral do Estado, Cándido Conde Pumpido, ofreceu co motivo da xura de ca torce novos avogados unha con ferencia no Colexio de Avogados de Santiago o día 27 de novembro do pasado ano. O acto de xura é sempre un momento solemne que simboliza a entrada na profesión de novos letrados acompañados polos seus padriños e ante a presencia e ilusión dos seus familiares. Por tal motivo e para enaltecer este momento tan importa n te na vida profesional, o noso Colexio pretende dar a este acto o empaque e a solemnidade que se require coa presencia de figuras destacadas que, non só dan a benvida os novos letrados, senón que aportan a súa visión da avogacía, do exercicio da profesión, e cos consellos e recomendacións que a todos nos convén ter presentes no quefa cer diario dos nosos despachos.

Na última xura, os novos compañeiros entraron na profesión da man Fiscal Xeral do Estado. A presencia de Conde Pumpido no Colexio de Avogados provocou unha grande expectación, que non se veu defraudada pola calidade da súa lección, case magist ral, sobre o oficio da avogacía, amosando un coñecemento e aprecio á profesión que a moitos sorprendeu e que todos, ós novos letrados, ós máis antigos que exercían como padriños e familiares, agradecimos e apreciamos.

Como breve nota biográfica, co n vén recordar que Cándido Conde-Pumpido Tourón, nacido na Coruña no ano 1949, foi nomeado Fiscal Xeral do Estado en abril do 2004, ca rgo que veu a ocupar trala destitución de Jesús Cardenal coa chegada do Partido Socialista o executivo. Ata o seu nomeamento , Conde Pumpido tiña ás súas co stas unha longa tra xe c toria na carreira xudicial, na que exerceu en varios destinos entre eles, O Carballiño (Ourense), e Segovia, onde foi maxistrado da Audiencia Provincial. É, ademáis, un dos fundadores da organización Xuíces para a Democracia (1984), da que foi portavoz atá 1986 e, posteriormente, entre 1992 e 1994. Ese último ano Cándido Conde-Pumpido conve r teuse no maxistrado máis novo en ingresar na Sala do Penal do Tribunal Supremo. Foi tamén un dos once membros do Tribunal que xulgou o secuestro de Segundo Marey, o caso Marey, e un dos sete que vo tou a favor de que o ex ministro do Interior, José Barrionuevo e o ex secretario de Estado para a Seguridade Rafael Vera foran condenados a una pena de dez anos de cadea. Conde-Pumpido tamén exerceu a docencia universitaria e ten publicado varios traballos, entre eles, Comentarios al nuevo Código Penal(1997).

No seu discurso, do que se fai entrega como separa ta neste número da revista, desta cou o obxectivo que deben ter, debemos ter, os xuristas, que non é outro que acadar a paz social, “entendida como finalidad inherente ó concepto do Dereito. Porque o Dereito como todo xurista aprende nos primeiros paso da sus carreira non e máis que a ferramenta ideada polo ser humano para excluir a violencia na resolución dos conflictos”.

Comentou, asimesmo, un dato que a moitos lle chamou a atención, resultado dun estudo sociolóxico sobre “A imaxe da Avogacía na sociedade española” enca rgado polo Consello Xeral da Avogacía no 2003 e que co lo caba estos profesionais no octavo posto da lista de grupos e institucións que máis confianza inspiraban nos cidadáns. Quedabamos así por encima dos fiscais (no decimocuarto lugar), tribunais (no décimoquinto), e os xuíces, que ocupaban o décimosexto posto .

O propio estudio advertía da curiosa percepción da figura do Avogado no noso país, xa que logo, os cidadáns valoran extraordinariamente ben o “seu” avogado, e algo peor “ós” avogados xenéricamente considerados. O que se traduce en que o xusticiable confía enormemente no seu avogado e o seu recelo frente o da parte contraria non é máis que o reflexo da mesma percepción do rigor e dedicación profesional que igualmente se supón.

Estas e outras reflexións están contidas no discurso de Conde-Pumpido, polo que resulta moi recomendable a súa lectura. Só re sta dar a benvida os novos compañeiros de profesión, a Vicente Alonso, Nicolás Andino, Manuel Barcala, Johann D´Amorin, Eulalia Espin, Isabel García, Manuel Hernández, Maria Rosa Rama, Francisco Javier Rial, Aitor Sebio, Aída María Suárez, Natalia María Vázquez e Eduardo Viu para que emprendan con vo cación, ilusión e dedicación esta carre i ra e que non malgasten, o contrario, contribúan a aumentar o capital de credibilidade social do que difrutamos.

María Luisa Pasín Mato

Inicio

Convenios do Colexio de Avogados de Santiago

Na procura de acadar maiores beneficios pra os seus membros, o Colexio asinou unha serie de convenios con diversas entidades.

Neste senso os últimos en engadirse a esta longa lista foron os acordos acadados con Orange e co catastro.

Asimesmo existen convenios coas seguintes entidades: Banco Popular, Barclays, Banesto, Santander, La Ley, Vlex, Jurisoft e Economist & Jurist.

Cumpre salientar os convenios concertados ca Axencia Tributaria e co Concello, que nos permiten presentar escritos por vía telemática, aforrando desta meneira tempo e cartos.

Asimismo existe un convenio co Consello Social da USC pra ofrecer aesoría xurídica ós alumnos.

Finalmente débese facer especial fincapé naqueles conveneios referentes os seguros colexiais dado o especial interese profesional que revisten.

En primeiro lugar, e no que se refire ó seguro de responsabilidade civil, a nova póliza contratada ten unha vixencia de 24 meses (dende o 1 de xullo de 2006), sendo o capital asegurado 200.000 €.

Polo que se refiere as primas, o custo anual das mesmas é de 135,29 e 139,32 euros, respectivamente, debendo descontarse a subvención que ofrece o Colexio (9.000 €).

Esta nova póliza supón unha serie de melloras:

  • As primas son máis económicas.
  • Increméntase o capital asegurado.
  • A actividade concursal queda cuberta ó 100%.
  • Calquera avogado que se retire por xubilación ou cesamento quedará asegurado de forma gratuíta.
  • Incrementouse a suma asegurada respecto da libre elección de letrados.

Asimesmo existe unha póliza de seguro de incapacidade laboral transitoria por enfermidade ou accidente.

Pra o exercicio 2007 o Colexio de Avogados conseguiu mellorar a cobertura da devandita póliza. Así, reducíronse os riscos excluídos, incluíndose entre outros o embarazo, parto e enfermidades derivadas deste último.

A prima anual é de 99,50 euros/ano, (cantidade da que haberá que reducir a subvención do Colexio).

O subsidio diario por día de baixa será de 25 euros cunha franquicia (10 €).

Polo que se refire o seguro de embarazo, esta póliza cubre as baixas polas seguintes circunstancias:

Embarazo: o prazo máximo de cobertura é 45 días por anualidade (25 euros ao día de subsidio).

Parto: garántese unha indemnización única equivalente a 20 días de subsidio diario contratado.

Enfermidades consecuencia do parto: a prestación incrementarase en 25 días máis ata un máximo de 45.

Estas coberturas por embarazo ou parto, teñen unha carencia de 12 meses, pero só pra as producidas a partir do 1 de xaneiro de 2007. O Colexio conseguiu que as colexiadas que estivesen dadas de alta con anterioridade ao 31 de decembro de 2006 non se lles aplique carencia ningunha.

Debido a esta circunstancia a Xunta de Goberno acordou que durante o ano 2007, o Colexio farase cargo da subvención por maternidade daquelas colexiadas que causen alta nesta póliza para o exercicio 2007 (neutralizando así o período de carencia).

No que se refire a asistencia sanitaria, o Colexio asinou un convenio de colaboración con ASISA polo cal ofrecense condicións especiais a todos os colexiados e familiares, acadándose unhas primas especiais, que son:

  • Ata 20 anos: 32 euros / mes
  • Dende 21 a 54 anos: 36,20 euros / mes
  • De 55 a 65 anos: 54,72 euros / mes

Por outra banda o Colexio conseguiu que a aseguradora ADESLAS oferte unhas primas moi reducidas, existindo na actualidade as seguintes opcións:

1.- Adeslas completa: Ofrece unha gran cobertura sanitaria e un amplo cadro de profesionais a nosa disposición. As primas son:

  • De 0 a 44 anos: 39,10 euros/mes
  • De 45 a 65 anos: 45,58 euros/mes

2.- Adeslas extra: con esta opción existe liberdade á hora de escoller médico ou centro hospitalario. Adeslas reembolsa o 80% do gasto se é un médico ou centro non concertado e o 100% cando sexa concertado.

Como podemos observar son numerosos e de moi diversa índole os convenios asinados polo Colexio. Nestas líneas tentouse facer un pequeño resumo dos máis interesantes dende o punto de vista profesional. Nembargantes, debemos lembrar que na páxina do Colexio os compañeiros que o dexesen poden atopar calquera dato adicional sobre os mesmos. Ademáis dende a Secretaría Técnica remítense periódicamente, por correo electrónico, todas as novedades que van tendo lugar.

José Ramón Oulego Erroz

Inicio

O noso equipo de fútbol segue a cosechar triunfos

O equipo de fútbol do ICA Santiago, formado por Miguel A. Nouche Ferreira, Ramón González, Miguel A. Sánchez Campos, Manuel Arza, Xaime Dourado, Xosé A. Barreiro, Oscar Rodríguez, Alberto González Abraldes, Ramón García Seara, Miguel A. Lamela, Manuel Babío, Antonio Rodríguez, Ramón González, Juan A. Amil, Jorge Andión, Iván M. Sanmartín, Alberto Barreiro, Daniel Neira, Alejandro Otero Guldrís, F. Javier Rial, José R. Oulego e Alberto Fernández – conto con que non xoguen todos á vez–, e dirixidos polos inefables adestradores Ramón García Seara “ Chancho” e Alberto González-Abraldes Iglesias “ Vituco”, veñen de obter no presente campionato galego de colexios de avogados os seguintes resultados:

Santiago 5 – Pontevedra 2 (17 de novembro de 2006)

Vigo 1 – Santiago 0 (19 de xaneiro de 2007)

Santiago 2 – Lugo 2 (16 de febreiro de 2007)

Santiago 1 – Ferrol 0 (23 de marzo de 2007)

Tamén recentemente, se celebrou un encontro amigable entre o noso equipo e un combinado do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago –CHUS–, no que ambos conxuntos empataron sen goles. Esperando que volvan os triunfos, lles seguiremos informando da marcha do equipo en próximos números.

Timoteo J. Gutiérrez Valeiro

Inicio

Páxina para imprimir








:Aviso legal: :Contactar co Colexio: :RAG:
:Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela: :Rúa Eduardo Pondal, 4: :15702 Santiago de Compostela: