Web oficial do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela - Galicia - Spain

Men Vertical en acorden con jQuery

>>FORMACIÓN

O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela é o encargado de deseñar unha programación anual de cursos de lingua e de linguaxe galegas destinados á formación da avogacía compostelá.

O obxectivo principal desta formación é dotar a todos os letrados/as da calidade lingüística necesaria para superar con éxito as esixencias comunicativas propias deste ámbito e contribuír á vez ao proceso de normalización da lingua galega na Xustiza.


Seminario de actualización da lingua galega


Lugar: Colexio de Avogados de Santiago de Compostela
Días: 19, 20, 21 e 22 de novembro de 2012
Horario: de 19:45 a 22:15 h
Duración: 10 h
Matrícula: gratuíta
Certificado de asistencia: si, expedido polo Colexio e Política Lingüística (+ 75%)
Dirixido a: profesionais do Dereito, con preferencia para profesionais colexiados
Prazas: 20

Ficha inscrición

Programa:

1. A acentuación

Regras e casos especiais
O til diacrítico

2 O artigo
As contraccións co artigo
O uso da primeira/segunda forma do artigo

3 Formación do plural e do xénero
Regras de uso
Casos dubidosos

4 O pronome
A colocación do pronome átono
Uso das formas te e che
A contracción do pronome átono

5 O verbo
Tempos verbais
Principais erros nos paradigmas verbais

6 Grupos cultos e terminacións
-cio/-zo; -cia/-za; -aría/-ería; -ble/-bel
-cc- / -ct-

7 Os signos de puntuación
Usos dos signos
Principais erros

Para máis información, pode dirixirse ao Servizo de Asesoramento Lingüístico:

Rúa de Eduardo Pondal, 4, baixo
Teléfonos: 981 581 713 / 981 560 543
Fax: 981 581 132
Correo: linguista@icasantiago.org



Curso superior de linguaxe xurídica galega (2011)

O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela organiza un curso superior de linguaxe xurídica galega dirixido aos profesionais da avogacía. O curso conta coa homologación oficial da Secretaría Xeral de Política Lingüística.


Lugar: aula de formación do Colexio (rúa de Eduardo Pondal, 4, baixo)
Datas: 19 de setembro a 14 de novembro
Prazas: 20
Dias: de luns a xoves
Horario: de 20:00 a 22:00 h
Preinscrición: ata o 07 de xullo de 2011

Para poder levar a cabo o curso é necesario contar cun mínimo de 15 persoas inscritas. A lista de persoas inscritas será publicada na páxina web www.icasantiago.org unha vez pechado o prazo de inscrición.

Características do curso:
O curso terá unha duración de 75 horas: 60 horas lectivas, coa obrigada presenza de todo o alumnado, e 15 horas de tratamento individualizado, en que o alumnado poderá realizar actividades presenciais específicas de reforzo e/ou actividades prácticas complementarias.

Para poder matricularse no curso de nivel superior é requisito imprescindible ter aprobado ou validado o curso medio de linguaxe xurídica galega. As persoas matriculadas deberán achegar durante os primeiros días de curso unha fotocopia compulsada da certificación que acredite que superaron a antedita formación. O custo da matrícula é gratuíto.

A admisión realizarase por rigorosa orde de inscrición ata cubrir as 20 prazas dispoñibles. Terán preferencia na matrícula os/as profesionais adscritos/as ao colexio e, de ser o caso, admitaranse outros profesionais do ámbito da xustiza. De se superar o límite de prazas, manterase unha lista de agarda ata o comezo do curso para cubrir posibles baixas.

O programa e os contidos do curso superior de linguaxe xurídica serán os establecidos na Orde do 1 de abril de 2005 pola que se regulan os cursos de formación en lingua galega e as validacións correspondentes.

Se desexa obter máis información, pode contactar co Servizo de Asesoramento Lingüístico:
Rúa de Eduardo Pondal, 4, baixo
Teléfonos: 981 581 713 / 981 560 543
Fax: 981 581 132
Correo: linguista@icasantiago.org


Seminario Actualización e reciclaxe da lingua galega (2010)

PDF - 161.8 KB
Listaxe de matrícula


Lugar: Colexio de Avogados de Santiago de Compostela
Días: 16, 17, 21 e 22 de xuño de 2010
Horario: de 19:45 a 22:15 h
Duración: 10 h
Matrícula: gratuíta, ata 11/06/2010 ás 14:00 h
Certificado de asistencia: si, expedido polo Colexio e Política Lingüística (+ 75%)
Dirixido a: profesionais do Dereito, con preferencia para profesionais colexiados
Prazas: 20

Programa:

1. A norma: actualización

1.1. A normativa oficial do galego. A variante estándar
1.2. Criterios para a escolla normativa
1.3. A normativa e as súas reformas
1.4. A última reforma: NOMIG 2003

2. A norma: reciclaxe

2.1. A acentuación
Regras e casos especiais
O til diacrítico

2.2. O artigo
As contraccións co artigo
O uso da primeira/segunda forma do artigo

2.3. Formación do plural
Regras de uso
Casos dubidosos

2.4. Formación do feminino
Regras de uso
Casos dubidosos

2.5. O pronome
A colocación do pronome átono
Uso das formas te e che
A contracción do pronome átono

2.6. O verbo
Tempos verbais
Principais erros nos paradigmas verbais

Para máis información, pode dirixirse ao Servizo de Asesoramento Lingüístico:

Rúa de Eduardo Pondal, 4, baixo
Teléfonos: 981 581 713 / 981 560 543
Fax: 981 581 132
Correo: linguista@icasantiago.org


Curso de linguaxe xurídica galega (nivel medio)

PDF - 243 KB
Listaxe de matrícula

O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela organiza un curso de linguaxe xurídica galega destinado á formación da avogacía compostelá. O curso conta coa homologación oficial da Secretaría Xeral de Política Lingüística.


Lugar: aula de formación do Colexio (rúa de Eduardo Pondal, 4, baixo)
Datas: 20 de setembro a 15 de novembro
Prazas: 20
Dias: de luns a xoves
Horario: de 13:00 a 15:00 h /de 20:00 a 22:00 h (segundo a preferencia de horario)
Preinscrición: ata o 21 de maio de 2010

Para poder levar a cabo o curso é necesario contar cun mínimo de 15 persoas inscritas. Por este motivo, ábrese un prazo de preinscrición ata o día 21 de maio para que as persoas interesadas soliciten a inscrición neste curso. No caso de superar o límite de prazas (20), manterase unha lista de agarda ata o comezo do curso para cubrir posibles baixas.

Características do curso:
O curso terá unha duración de 75 horas: 60 horas lectivas, coa obrigada presenza de todo o alumnado, e 15 horas de tratamento individualizado, en que o alumnado poderá realizar actividades presenciais específicas de reforzo e/ou actividades prácticas complementarias.

Para matricularse neste curso é requisito indispensable ter aprobado ou validado o curso básico de linguaxe xurídica galega, o curso de perfeccionamento de lingua galega ou o certificado de lingua galega 4 (Celga 4). As persoas matriculadas deberán achegar unha fotocopia compulsada da certificación que acredite a superación da antedita formación no momento de comezar o curso.

A admisión neste curso farase por rigorosa orde de inscrición ata cubrir as 20 prazas dispoñibles. Terán preferencia na matrícula os/as profesionais adscritos/as ao colexio e, de ser o caso, admitaranse outros profesionais do ámbito da xustiza. O custo da matrícula é gratuíto.

Se desexa obter máis información, pode contactar co Servizo de Asesoramento Lingüístico:
Rúa de Eduardo Pondal, 4, baixo
Teléfonos: 981 581 713 / 981 560 543
Fax: 981 581 132
Correo: linguista@icasantiago.org


Seminario: Superación de interferencias gramaticais e léxicas no galego xurídico (2009)

O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela organiza o seminario “Superación de interferencias gramaticais e léxicas no galego xurídico”.


Lugar: Colexio de Avogados de Santiago de Compostela
Días: 14, 15, 16 e 17 de decembro de 2009
Horario: de 19:45 a 22:15 h
Prazas: 20
Duración: 10 h
Matrícula: gratuíta
Inscrición: presentando a ficha de inscrición
Certificado de asistencia: expedido polo colexio e por Política Lingüística (asistencia mínima 75%)
Destinatarios/as: profesionais do Dereito, con preferencia para profesionais colexiados

Programa:

1. Consideracións gramaticais
1.1 O pronome
Colocación do pronome átono
O anafórico “mesmo”
O pronome indefinido na dobre negación

1.2 O verbo
Uso do pretérito de subxuntivo / antepretérito de indicativo
Uso do infinitivo conxugado e do futuro de subxuntivo

1.3 A preposición
Formas
Usos incorrectos

2. Consideracións lexicais
2.1 Erros léxicos
2.2 Erros fraseolóxicos

Obxectivos:

Reflexionar acerca da calidade lingüística dos documentos xurídicos actuais.

Adquirir de forma práctica os coñecementos esenciais para superar algúns dos erros de lingua máis frecuentes.

Contribuír a dinamizar o uso do galego a través da solvencia na formación lingüística.


Seminario: Redacción e estilo na documentación xurídica (2009)

O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela organiza o seminario “Redacción e estilo na documentación xurídica”.


Lugar: Colexio de Avogados de Santiago de Compostela
Días: 5, 6, 7 e 8 de outubro de 2009
Horario: de 19:45 a 22:15 h
Prazas: 20
Duración: 10 h
Matrícula: gratuíta
Inscrición: presentando a ficha de inscrición
Certificado de asistencia: si (asistencia mínima 75%)
Destinatarios/as: profesionais do Dereito, con preferencia para profesionais colexiados

Programa:

1. Consideracións formais
1.1 Tratamento persoal
1.2 Linguaxe non sexista

2. Convencións gráficas
2.1 Abreviacións
2.2 Maiúsculas e minúsculas

3. Tratamento informativo
3.1 Ordenación
3.2 Claridade
3.3 Concisión

4. Consideracións gramaticais
4.1 Xerundio
4.2 Voz pasiva

Obxectivos:

Reflexionar acerca da calidade da redacción e do estilo dos documentos xurídicos actuais.

Adquirir de forma práctica os coñecementos esenciais para redactar documentos acordes coas convencións estilísticas modernas.

Analizar a eficacia e a adecuación de aplicar os criterios convencionais sobre redacción e estilo na práctica xurídica.


Curso de linguaxe xurídica galega. Nivel superior (2008)

O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela organiza un curso de linguaxe xurídica galega destinado á formación da avogacía compostelá. O curso conta coa homologación oficial da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Lugar: aula de formación do Colexio (rúa de Eduardo Pondal, 4, baixo)

Datas: 22 de setembro ao 11 de novembro

Días: de luns a xoves

Horario: de 20:00 a 22:00 h (este horario poderá modificarse en función das necesidades puntuais de aula)

O curso terá unha duración de 75 horas: 60 horas lectivas, coa obrigada presenza de todo o alumnado, e 15 horas de tratamento individualizado, en que o alumnado poderá realizar actividades presenciais específicas de reforzo e/ou actividades prácticas complementarias.

Para matricularse neste curso é requisito indispensable ter aprobado ou validado o curso medio de linguaxe xurídica galega. As persoas matriculadas deberán achegar unha fotocopia compulsada da certificación que acredite que teñen superado o curso medio de linguaxe xurídica galega, ou ben da correspondente validación.

Aberto o prazo de matrícula. Os/as colexiados/as e demais persoas en xeral interesadas en asistir a este curso poden formalizar a matrícula do seguinte xeito:

A admisión neste curso farase por rigorosa orde de inscrición ata cubrir as 25 prazas dispoñibles. Terán preferencia na matrícula os/as profesionais adscritos/as ao Colexio de Avogados de Santiago de Compostela. O custo da matrícula é gratuíto.

Para máis información, poderá dirixirse ao Servizo de Asesoramento Lingüístico:

Rúa de Eduardo Pondal, 4, baixo
Teléfonos: 981 581 713 / 981 560 543
Fax: 981 581 132
Correo: linguista@icasantiago.org


Seminario: Modelos documentais propios do procedemento xudicial(2008)

O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela organiza o seminario Modelos documentais propios do procedemento xudicial.


Lugar: Colexio de Avogados de Santiago de Compostela
Días: 16, 17, 18 e 19 de xuño de 2008
Horario: de 19:45 a 22:15 h
Prazas: 20
Duración: 10 h
Matrícula: gratuíta
Certificado de asistencia: si, expedido polo colexio e por Política Lingüística (asistencia mínima 75%)
Destinatarios/as: profesionais do Dereito, con preferencia para profesionais colexiados

Programa:

1. O modelo de documento civil
A demanda

2. O modelo de documento penal
A querela

3. O modelo de documento contencioso-administrativo
O escrito de interposición de recurso

4. O modelo de documento social
A demanda

Obxectivos:

Analizar a forma en que se redactan os distintos documentos propios do exercicio da avogacía.
Adquirir de forma práctica os coñecementos esenciais para redactar documentos acordes coas convencións estilísticas actuais.
Analizar a eficacia e a adecuación dos diferentes parámetros que interveñen na composición do documento.


Seminario Actualización e reciclaxe da lingua galega: principais cambios introducidos no texto das normas no ano 2003 (2008)

Aviso importante: modificación de datas

Debido ao alto número de solicitudes presentadas e co fin de acadar un mellor rendemento e adecuación ás instalacións dispoñibles, o seminario de actualización e reciclaxe realizarase en dúas quendas de acordo coa orde de inscrición recibida.

Grupo I: días 10, 11, 12 e 13 de marzo

Grupo II: días 24, 25, 26 e 27 de marzo

No seguinte documento (.pdf) figuran as dúas listas correspondentes aos dous grupos

PDF - 237.1 KB
Grupos seminario


Lugar: Colexio de Avogados de Santiago de Compostela
Días Grupo I: 10, 11, 12 e 13 de marzo de 2008
Días Grupo II: 24, 25, 26 e 27 de marzo de 2008
Horario: de 19:45 a 22:15 h
Duración: 10 h
Matrícula: gratuíta
Certificado de asistencia: si, expedido polo colexio (asistencia mínima 75%)
Destinatarios/as: profesionais do Dereito, con preferencia para profesionais colexiados
Inscrición: presentando o seguinte formulario cuberto

PDF - 184.7 KB
Ficha inscrición

Programa:

1. A norma: actualización

1.1. A normativa oficial do galego. A variante estándar
1.2. Criterios para a escolla normativa
1.3. A normativa e as súas reformas
1.4. Modificacións NOMIG 2003: morfoloxía
1.5. Modificacións NOMIG 2003: ortografía
1.6. Modificacións NOMIG 2003: léxico

2. A norma: reciclaxe

2.1. A acentuación
Regras e casos especiais
O til diacrítico

2.2. O artigo
As contraccións co artigo
O uso da primeira/segunda forma do artigo

2.3. Formación do plural
Regras de uso
Casos dubidosos

2.4. Formación do feminino
Regras de uso
Casos dubidosos

2.5. O pronome
A colocación do pronome átono
Uso das formas te e che
A contracción do pronome átono

2.6. O verbo
Tempos verbais
Principais erros nos paradigmas verbais


Para máis información, pode dirixirse ao Servizo de Asesoramento Lingüístico:

Rúa de Eduardo Pondal, 4, baixo
Teléfonos: 981 581 713 / 981 560 543
Fax: 981 581 132
Correo: linguista@icasantiago.org

Tratamento de datos persoais

Páxina para imprimir


Documento(s) ligado(s) a este artigo

[158.9 KB]
[198.9 KB]






:Aviso legal: :Contactar co Colexio: :RAG:
:Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela: :Rúa Eduardo Pondal, 4: :15702 Santiago de Compostela: