Dentro das actividades que a Agrupación vén desenvolvendo, os días 7 e 8 do setembro pasado tivo lugar a reunión trimestral da Confederación Española de Abogados Jóvenes en Mallorca. Dos diversos asuntos alí tratados, dous son quizais os máis relevantes.
A) O primeiro deles é o relativo á relación laboral especial. O traballo da comisión encargada dela, na que está integrada a AXAC, ofrece a seguinte información:
B) O segundo asunto de interese é o referente á modificación da quenda de oficio para permitir a libre elección do letrado polo cliente. Houbo brillantes diverxencias, pero foron a título persoal, e a posición das agrupacións foi opoñerse a esta pretensión. As agrupacións de Galicia abstivéronse, por entender en primeiro lugar que se trata dunha materia transferida, e que a situación galega é radicalmente distinta, ao considerar a Xunta innegociable a posibilidade de permitir, limitando o número de persoas por letrado, a elección deste directamente polo cliente. Do que se trataría, daquela, é de lograr na negociación do novo decreto que aprobe o Regulamento da asistencia xurídica gratuíta outras contraprestacións a cambio.
Por outra parte, os días 26, 27 e 28 de setembro, tivo lugar o IX Congreso Nacional da Avogacía en Zaragoza. En relación cos temas anteriores, é de destacar que se rexeitase por votación, por iniciativa da avogacía nova, a conclusión favorable á elección de letrado polos beneficiarios da asistencia xurídica gratuíta. Así mesmo, outras conclusións recolleron a súa postura en canto ao acceso á profesión, e deixaron claro que a pasantía, entendida como a práctica do avogado en exercicio, no seo dun despacho de a v o g a d o s, deberá rexerse polo establecido no Real decreto 1331/2006, e en concreto no que fai referencia aos contratos en prácticas do seu artigo 9. Só poderán entenderse por pasantía os servizos que realice o avogado colexiado en exercicio. Polo tanto, non o serán nunca as prácticas externas contidas no artigo 6 da Lei de acceso. (Os textos íntegros das conclusións están dispoñibles en www. cgae. es).
Opasado 11 de decembro tiveron lugar no salón de actos do colexio as eleccións para a Xunta directiva da Agrupación de Xoves Avogados de Compostela (AXAC). A candidatura que resultou elixida está formada polos seguintes membros:
PRESIDENTE: Javier Constenla Vega
SECRETARIO: Luis López Martínez
TESOUREIRO: Enrique León Carrasco
VOGAL 1ª: Otilia Pérez Peaguda
VOGAL 2ª: Monserrat Trillo Nouche
Deste xeito queda configurada a Xunta directiva da Agrupación
para os vindeiros dous anos. Así mesmo, dende a nova xunta queren
agradecer o labor desenvolto por todas as persoas que os precederon
e recordar que os colexiados novos que esteades interesados
en participar na AXAC, podédelo facer enviando un correo
electrónico a axacompostela@icasantiago.org
Dende o Consello de Redacción de AVOGACÍA COMPOSTELÁ queremos felicitar as novas persoas elixidas co desexo de que realicen un proveitoso labor.
![]() |
:Aviso legal: | :Contactar co Colexio: | :RAG: |