Curso de linguaxe xurídica galega (nivel medio)
O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela organiza un curso de linguaxe xurídica galega destinado á formación da avogacía compostelá. O curso conta coa homologación oficial da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Lugar: aula de formación do Colexio (rúa de Eduardo Pondal, 4, baixo)
Datas: 20 de setembro a 15 de novembro
Prazas: 20
Dias: de luns a xoves
Horario: de 13:00 a 15:00 h /de 20:00 a 22:00 h (segundo a preferencia de horario)
Preinscrición: ata o 21 de maio de 2010
Para poder levar a cabo o curso é necesario contar cun mínimo de 15 persoas inscritas. Por este motivo, ábrese un prazo de preinscrición ata o día 21 de maio para que as persoas interesadas soliciten a inscrición neste curso. No caso de superar o límite de prazas (20), manterase unha lista de agarda ata o comezo do curso para cubrir posibles baixas.
Características do curso:
O curso terá unha duración de 75 horas: 60 horas lectivas, coa obrigada presenza de todo o alumnado, e 15 horas de tratamento individualizado, en que o alumnado poderá realizar actividades presenciais específicas de reforzo e/ou actividades prácticas complementarias.
Para matricularse neste curso é requisito indispensable ter aprobado ou validado o curso básico de linguaxe xurídica galega, o curso de perfeccionamento de lingua galega ou o certificado de lingua galega 4 (Celga 4). As persoas matriculadas deberán achegar unha fotocopia compulsada da certificación que acredite a superación da antedita formación no momento de comezar o curso.
A admisión neste curso farase por rigorosa orde de inscrición ata cubrir as 20 prazas dispoñibles. Terán preferencia na matrícula os/as profesionais adscritos/as ao colexio e, de ser o caso, admitaranse outros profesionais do ámbito da xustiza. O custo da matrícula é gratuíto.
Se desexa obter máis información, pode contactar co Servizo de Asesoramento Lingüístico:
Rúa de Eduardo Pondal, 4, baixo
Teléfonos: 981 581 713 / 981 560 543
Fax: 981 581 132
Correo: linguista@icasantiago.org
![]() |
:Aviso legal: | :Contactar co Colexio: | :RAG: |