Web oficial do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela - Galicia - Spain

Men Vertical en acorden con jQuery

>>Instalación do kit

Manual de instalación Kit Sinatura dixital

Para a instalación do lector e dos programas para o correcto uso do kit ACA é necesario seguir os seguintes pasos:

NOTA: Se xa instalou o kit desde o CD de intalación, deberá desinstalalo. Para iso deberá ir a Inicio - Programas - Kit de Firma digital e desinstalar (nunca deberemos desinstalalo desde o "Panel de control - Agregar o Quitar programas")

Descarga de programas:

Elixir os drivers do lector que corresponda (na parte posterior pode verse o modelo do lector)
Drivers lector bit4id
Drivers lector novo PCT3310

Programa de lectura da tarxeta Safesign (descargar Safesign_1.0.9.0.4_update.zip )

Certificados Raiz ACA (descargar os dous certificados)

Instalación dos programas:

1º Instalación drivers lector:

Para instalar os drivers deberemos executar o programa que contén os drivers e seguir as indicacións do asistente. Hai que ter en conta que o lector non debe estar conectado ao ordenador. Unha vez instalados os drivers, xa se pode conectar o lector ao ordenador

2º Instalación do programa de lectura da tarxeta (Safesign):

Só é necesario extraer o contido do arquivo comprimido e executar o programa safesign. Deberemos seguir as instruccions do asistente sen modificar ningún parámetro.
Unha vez instalado o programa, é necesario arrancalo unha vez. Para iso hai que ir á carpeta C:\Archivos de programa\GyD (Ibérica)\SafeSignStatus e executar o programa SafeSignStatus, unha vez executado aparecerá a icona do programa na Área de notificación da barra de tarefas.

3º Instalación dos certificados:

Existen dous certificados, o primeiro que debemos instalar será o Certificado Raíz e o segundo o Certificado Corporativo. Para instalalos debemos executar o certificado e abrilo, aparecerá entón o botón "instalar certificado"; executámolo e seguimos o asistenete sen modificar os parámetros.

Páxina para imprimir








:Aviso legal: :Contactar co Colexio: :RAG:
:Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela: :Rúa Eduardo Pondal, 4: :15702 Santiago de Compostela: