Que é un certificado dixital?
Do mesmo xeito que un certificado en papel, o certificado dixital consiste nun conxunto de datos que leva a sinatura dunha Autoridade de Certificación.
Un certificado dixital está formado por:
- Clave privada, só accesible polo titular do certificado dixital. A clave privada serve basicamente para crear a sinatura dixital e para desencriptar mensaxes recibidas.
- Clave pública, accesible por cualquera persoa. A clave pública serve para verificar sinaturas dixitais e para encriptar mensaxes.
- Certificado que contén a clave pública e os datos para verificar a identidade do emisor.
Que é unha Autoridade de Certificación?
A Autoridade de Certificación é unha terceira parte de confianza que asocia o par de claves a un titular.
Responsabílizase de:
- O contido dos certificados.
- A emisión e validez destes.
- Revogalos se quedase comprometida a súa seguridade.
A validez dun certificado depende de:
- A credibilidade de quen o emite, é dicir, da Autoridade de Certificación.
- O método e os recursos utilizados para a súa emisión, soporte, identificación, seguridade, etc...
- O ámbito profesional do recoñecemento deste certificado.
| ACA é a Autoridade de Certificación da Avogacía, dirixida a todos os colexios de avogados de España e aos seus colexiados |
Que é unha Autoridade de Rexistro?
- A Autoridade de Rexistro é un punto de rexistro dos colexiados ante a Autoridade de Certificación
- Constitúense en Autoridade de Rexistro os colexios profesionais.
- É a encargada de emitir un certificado dixital, en presenza do colexiado.
- A súa función é exclusiva e non pode ser delegada a unha terceira parte independente.
| As Autoridades de Rexistro de ACA son os colexios de avogados de España |
O Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela está constituído como Autoridade de Rexistro.
As funcións deste Colexio como Autoridade de Rexistro serán as seguintes:
- Xestionar as peticións do carné dixital.
- Rexistrar os usuarios.
- Aprobar peticións de certificación.
- Revogar certificados de entidade final.
Que tipos de certificados emite unha Autoridade de Certificación?
Certificados internos: emitidos polos administradores
- Certificado de administrador: Valida e revoga os certificados dos operadores das Autoridades de Rexistro (colexios de avogados).
- Certificado de operador: Valida e revoga certificados de colexiados e empregados do seu colexio.
Certificado de usuario final: emitido polos operadores dos colexios.
- Certificado de colexiado: Identifica unha persoa física e acredítao como colexiado dese colexio.
- Certificado de empregado: Identifica unha persoa física que manteña unha relación xurídica co colexio.
Que é ACA?
ACA é a Autoridade de Certificación da Avogacía e é a resposta á necesidade dos avogados españois de dispoñeren dunha entidade confiable que os acredite como letrados para realizar transaccións electrónicas.
ACA ofrece os seguintes servizos:
- Acredita fronte a terceiros e de forma remota a identidade e a condición de avogado.
- Evita a suplantación da identidade e o intrusismo profesional.
- Asinar correos electrónicos e documentos electronicamente asegurando a procedencia e autoría.
- Ter eficacia probatoria.
- Acceso a servizos telemáticos das administracións públicas.
- Acceso aos servizos de RedAbogacia.org orientados a permitir o exercicio profesional a través de Internet.
Vantaxes que ofrece ACA aos colexios:
- Permite certificar a condición de avogado en Internet.
- Asegura a identidade dos colexiados que realizan trámites co colexio a través de Internet.
- Asegura o contido das comunicacións realizadas entre o colexio, os colexiados e terceiros como administracións públicas.
- Permite mellorar o servizo que o colexio ofrece ao colexiado.
Vantaxes que ofrece ACA aos colexiados:
- Proporciona os instrumentos necesarios para que, a través da rede, poidan exercer profesionalmente grazas a acreditaren electronicamente a súa condición de avogado.
- Permitirá o acceso a calquera servizo dentro da infraestrutura de seguridade da Avogacía:
- Presentación telemática de escritos aos xulgados
- Comunicacións de intervención profesional
- Rexistro de penados e rebeldes
- Axenda xudicial
- Asuntos de xustiza gratuíta e liquidación destes
- Participación en poxas xudiciais
- Permite realizar cobros e pagamentos no exercicio
- Pases a prisións...
Que é Rede Avogacía?
É unha rede de comunicacións que permite a interoperabilidade entre os distintos colexios de avogados e os seus colexiados. Estas comunicacións e outros servizos levaranse a cabo dentro do espazo www.redabogacia.org .
Estes servizos telemáticos encóntranse agrupados nas zonas seguras que cada colexio ten en www.redabogacia.org xunto cos accesos a outros servizos telemáticos realizados por outras institucións coas que a Avogacía chegou a un acordo de recoñecemento.
Servizos dispoñibles:
- Listaxe de noticias
- Consulta do censo de letrados
- Solicitar pases de prisión
- Intervención profesional
- Oficina Postal
- Buromail
- Páxina do catastro
Como solicitar o carné dixital?
Para solicitar o novo carné dixital deberase remitir unha fotografía tamaño carné e unha fotocopia do DNI ás oficinas do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.
Unha vez que estea personalizada a tarxeta daráselle unha cita ao colexiado para que se presente nas oficinas do Colexio e os operadores carguen o chip desta. Para isto o colexiado deberá dar unha conta de correo fiable, o máis recomendable é que sexa unha conta propia do Colexio, e introducir o pin e o puk na súa tarxeta.
Logo de que estea cargada a tarxeta deberán asinar o contrato de prestación de servizos de certificación.
Cando a tarxeta estea correctamente cargada e o contrato asinado faráselle entrega ao colexiado do seu novo carné dixital e o kit de instalación, totalmente gratuíto.