O Consello Social, en colaboración co Ilustre Colexio de Avogados, ten en marcha un servizo de asesoramento e orientación xurídica ao alumnado da Universidade de Santiago de Compostela en todas aquelas cuestións en que precisen unha orientación xurídica que non estea comprendida nas actuacións propias do servizo de asistencia xurídica gratuíta e quenda de oficio, e non estean cubertas polos órganos e unidades da Universidade, en particular sobre asuntos civís, mercantís, laborais e de consumo. Queda excluído deste servizo calquera tipo de asesoramento que sirva para a realización de contenciosos e litixios contra a Universidade.
Datas: 2º e 4º xoves de cada mes das 18:00 ás 20:00 horas
![]() |
:Aviso legal: | :Contactar co Colexio: | :RAG: |