Art. 24.
Para ser elixido como membro da Xunta Directiva, así como para poder participar en calidade de elector nas votacións, requirirase pertencer á Agrupación cunha antelación de seis meses no primeiro caso e de dous meses no segundo, á data de elección.
En todo caso estabelecerase a expresa incompatibilidade entre ser membro da Xunta Directiva da presente Agrupación e pertencer ao mesmo tempo á Xunta Directiva do Colexio de Avogados ou desempeñar un cargo político electo representativo.
Art. 25.
A duración do mandato será de dous anos. Haberá posibilidade dunha reelección inmediata para o mesmo ou para outro posto.
Art. 26.
A elección para prover as vacantes efectuarase en calquera asemblea xeral ordinaria ou extraordinaria do ano, a cal elixirá mediante voto secreto os membros de entre os candidatos a cada cargo, que serán os que obteñan maior número de votos. Os empates resolveranse mediante votación.
Art. 27.
Todo o que acontece enténdese sen prexuízo do dereito da Asemblea Xeral a remover dos seus cargos a parte ou á totalidade dos membros da Xunta Directiva en calquera momento do seu mandato. A dita resolución deberá ser adoptada sempre en asemblea xeral extraordinaria convocada para tal efecto. Para acordar a remoción será necesaria unha maioría de dous terzos dos asistentes á asemblea.
Art. 28.
A Xunta Directiva, convocada polo seu presidente coa debida antelación, reunirase unha vez ao mes ou cando o solicite un membro da Xunta, e tomará os seus acordos por simple maioría de asistentes, que nunca poderá ser inferior a tres.
Art. 29.
A Agrupación estará representada polo presidente da Xunta Directiva, agás delegación temporal expresa noutro membro desta.
![]() |
:Aviso legal: | :Contactar co Colexio: | :RAG: |