Web oficial do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela - Galicia - Spain

Men Vertical en acorden con jQuery

Vostede está aquí : Portada » Servizo de Asesoramento Lingüístico

Servizo de Asesoramento Lingüístico



 Rúa de Eduardo Pondal, núm. 4, baixo
 15702 Santiago de Compostela
 Teléfono: 981 581 713
 Fax: 981 581 132
 Contactar por correo electrónico

O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela pretende ser un espazo de formación, apoio e actualización continuada en materia de lingua para todos os colexiados/as e persoal en xeral relacionado coa avogacía.

A linguaxe é a ferramenta básica de comunicación para todos nós nas nosas relacións tanto persoais como profesionais. Alén disto, a linguaxe de especialidade, como é o caso da lingua do dereito, é unha peza fundamental de rigorosa exactitude e precisión no desempeño profesional. O estatus particular da linguaxe no eido xurídico debe ir acompañado necesariamente dunhas competencias -oral e escrita- capaces de superar con éxito as situacións comunicativas propias deste ámbito. Con este fin, este servizo procura prestarlles un apoio sólido aos letrados e letradas no emprego da lingua galega e contribuír, á vez, a asentar e potenciar o seu uso normal na procura da plena reincorporación á vida oficial.



         

         

“Así impulsan os avogados o uso do galego nos tribunais”
Chus Vieito fala na TVG sobre o funcionamento do servizo lingüístico do colexio de avogados compostelán. Chus é avogada e membro da xunta de goberno do Colexio de Avogados de Santiago.


 Novas
 
05/07/2010
O Colexio de Avogados de Santiago recibiu a medalla de ouro da Irmandade Xurídica Galega
A asociación que promove a lingua galega na Administración de Xustiza, premia o labor a prol do fomento da lingua galega levado a cabo polo colexio compostelán durante os últimos anos.[seguir lendo]
----
30/04/2010
O Colexio de Avogados de Santiago e Política Lingüística reforzan a súa colaboración na promoción da lingua galega
Evaristo Nogueira e Anxo Lorenzo presentaron hoxe o convenio asinado entre ambas as entidades a prol da dinamización lingüística no ámbito xudicial[seguir lendo]
----
19/02/2010
Curso de linguaxe xurídica galega (nivel medio)
O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela organiza un curso de linguaxe xurídica galega...[seguir lendo]
----
10/02/2010
Convocatoria de probas e cursos preparatorios para obter o Celga durante o ano 2010
A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou a convocatoria das probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4 neste ano 2010.[seguir lendo]
----
27/11/2009
Seminario: Superación de interferencias gramaticais e léxicas no galego xurídico
O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela organiza o seminario “Superación de interferencias gramaticais e léxicas no galego xurídico”. [seguir lendo]
----
19/11/2009
A terceira edición da Xornada Xustiza e Lingua deixa algúns apuntamentos para fomentar o uso do galego nos xulgados
Nun salón de actos repleto na súa maior parte de profesionais da avogacía e do ámbito lingüístico, tivo lugar a terceira edición da xornada Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización...[seguir lendo]
----
12/09/2009
Seminario: Redacción e estilo na documentación xurídica
O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela organiza o seminario “Redacción e estilo na documentación xurídica”. [seguir lendo]
----
16/04/2009
Luís García Mañá: “Nós, os galegos, temos que coidar o noso idioma porque non o van coidar outros por nós.”
Nunha entrevista concedida á revista colexial Avogacía Compostelá o xefe superior da Policía en Galicia, Luís M. García Mañá, opinou sobre a normalización da nosa lingua...[seguir lendo]
----
05/02/2009
O Consello de Europa segue a detectar importantes deficiencias canto ao uso do galego na Xustiza
O Comité de Expertos outórgalle á Administración de Xustiza unha nota moi baixa canto aos usos, ás actitudes, aos medios técnicos e á formación do galego...[seguir lendo]
----
19/11/2008
Presentación da campaña “Xustamente, en galego”
O Colexio de Avogados de Santiago de Compostela presenta unha nova campaña de promoción do uso do galego entre a avogacía.[seguir lendo]
----
22/10/2008
A II xornada Xustiza e Lingua analizou o estado do galego na xustiza
A segunda edición da xornada Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización foi inaugurada e moderada polo decano do colexio de avogados compostelán...[seguir lendo]
----
08/10/2008
O Colexio de Avogados de Santiago organiza a segunda edición da xornada “Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización”
Terá lugar o martes 21 de outubro e convida á reflexión sobre o estado da lingua no ámbito da xustiza.[seguir lendo]
----
26/09/2008
En liña o Glosario de termos xurídicos dubidosos(castelán-galego)
O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago ofrece na súa páxina web o Glosario de termos xurídicos dubidosos (castelán-galego).[seguir lendo]
----
03/09/2008
Curso de linguaxe xurídica galega. Nivel superior
O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela organiza un curso de linguaxe xurídica galega destinado á formación da avogacía compostelá.[seguir lendo]
----
26/05/2008
Seminario: Modelos documentais propios do procedemento xudicial
O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela organiza o seminario Modelos documentais propios do procedemento xudicial. [seguir lendo]
----
06/05/2008
O Colexio de Avogados fai público un acordo a prol do galego nas actuacións xudiciais
O pasado 30 de abril o Colexio de Avogados de Santiago fixo público un comunicado no que reitera o seu compromiso co uso do galego na Xustiza.[seguir lendo]
----
19/02/2008
Nova convocatoria de cursos preparatorios para a obtención dos Celga
A Secretaría Xeral de Política Lingüística anuncia unha nova convocatoria de cursos de lingua galega... [seguir lendo]
----
14/02/2008
Seminario: Actualización e reciclaxe da lingua galega: principais cambios introducidos no texto das normas no ano 2003
O Servizo de Asesoramento Lingüístico organiza o primeiro dos seminarios de formación previstos para este ano 2008. [seguir lendo]
----
09/11/2007
Presentación da campaña “Avogamos polo galego” e xornada “Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización”
Onte tivo lugar a presentación da campaña Avogamos polo galego no salón de actos do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela. [seguir lendo]
----
19/10/2007
Xornada “Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización”
A xornada “Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización” terá lugar o xoves 8 de novembro no Colexio de Avogados de Santiago de Compostela. [seguir lendo]
----
02/10/2007
Unha nova ferramenta na rede permite localizar xeograficamente os topónimos galegos
O SLI da Universidade de Vigo permite facer procuras e situar en mapa os nomes oficiais dos máis de 37.000 lugares de Galiza. [seguir lendo]
----
13/09/2007
A presenza do galego na documentación oficial triplicouse dende o 2000
A documentación remitida en galego polos concellos galegos á Xunta pasou do 26 por cento no 2000 ao 80 por cento no 2006... [seguir lendo]
----
11/09/2007
O galego contará cun tradutor automático galego-inglés e cun dicionario de correspondencias en liña castelán-portugués-inglés
A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de anunciar a contratación de novas aplicacións tecnolóxicas para a lingua galega... [seguir lendo]
----
30/07/2007
Orde pola que se regulan os certificados acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga)
A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza publica no DOG do 30 de xullo a Orde do 16 de xullo de 2007... [seguir lendo]
----
23/07/2007
Créase o Consello das Linguas Oficiais na Administración Xeral do Estado e a Oficina para as Linguas Oficiais
[seguir lendo]
----
19/07/2007
A primeira convocatoria de probas do Celga realizarase no último trimestre deste ano
A secretaria xeral de Política Lingüística anunciou a convocatoria destes exames, estruturados en cinco niveis, e que avaliarán as capacidades comunicativas en galego. [seguir lendo]
----
17/07/2007
Denunciado tras reclamar a presentación dun procedemento en galego
Un xuíz acusa de inxurias un sindicalista que lle pediu que cumprise a Lei de normalización [seguir lendo]
 
 Bótalle un ollo:
 
 






:Aviso legal: :Contactar co Colexio: :RAG:
:Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela: :Rúa Eduardo Pondal, 4: :15702 Santiago de Compostela: