Web oficial do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela - Galicia - Spain

Men Vertical en acorden con jQuery

Vostede está aquí : Portada » Punto de información catastral

Punto de información catastral


  


O 13 de decembro do 2007 asinouse o Convenio de colaboración en materia de xestión catastral entre a Dirección Xeral do Catastro do Ministerio de Economía e Facenda e o Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, polo que este servizo xa está plenamente operativo dende ese día.

O obxecto deste convenio é o establecemento na sede colexial dun punto de información catastral que permitirá a consulta e a certificación telemática da información incorporada á Base de Datos Nacional do Catastro, mediante o acceso á oficina virtual do catastro. Deste xeito, a todos os nosos colexiados, en nome propio ou para os seus clientes coa súa autorización, e aos cidadáns en xeral facilitaráselles desde as oficinas deste colexio a consulta e a solicitude de certificacións de datos catastrais, así como a presentación de declaracións ante o catastro.

Este servizo será gratuíto para os colexiados cando solicitaren información ou certificados en nome propio; no caso de que o letrados o solicitar para o seu cliente, ou se a persoa solicitante non for colexiada, acobraráselle a taxa correspondente pola xestión colexial de dito servizo.








:Aviso legal: :Contactar co Colexio: :RAG:
:Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela: :Rúa Eduardo Pondal, 4: :15702 Santiago de Compostela: