Usted está aquí : Portada » Servizo de Asesoramento lingüístico
Servizo de Asesoramento lingüístico
![]() Rúa de Eduardo Pondal, núm. 4, baixo 15702 Santiago de Compostela Teléfono: 981 581 713 Fax: 981 581 132 Contactar por correo electrónico |
O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela pretende ser un espazo de formación, apoio e actualización continuada en materia de lingua para todos os colexiados/as e persoal en xeral relacionado coa avogacía.
A linguaxe é a ferramenta básica de comunicación para todos nós nas nosas relacións tanto persoais como profesionais. Alén disto, a linguaxe de especialidade, como é o caso da lingua do dereito, é unha peza fundamental de rigorosa exactitude e precisión no desempeño profesional. O estatus particular da linguaxe no eido xurídico debe ir acompañado necesariamente dunhas competencias -oral e escrita- capaces de superar con éxito as situacións comunicativas propias deste ámbito. Con este fin, este servizo procura prestarlles un apoio sólido aos letrados e letradas no emprego da lingua galega e contribuír, á vez, a asentar e potenciar o seu uso normal na procura da plena reincorporación á vida oficial.



|
"O galego no Colexio de Avogados de Santiago” |
|
“Así impulsan os avogados o uso do galego nos tribunais” |
| Novas | |
|
24/01/2011
Convocatoria de cursos de lingua galega para adultos e colectivos no 2012 A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou unha nova convocatoria de cursos preparatorios das probas Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 para este ano 2012.[seguir lendo] ---- 24/01/2011 Convocatoria de cursos de lingua galega para adultos e colectivos no 2011 A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou unha nova convocatoria de cursos preparatorios das probas Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 para este ano 2011.[seguir lendo] ---- 05/07/2010 O Colexio de Avogados de Santiago recibiu a medalla de ouro da Irmandade Xurídica Galega A asociación que promove a lingua galega na Administración de Xustiza, premia o labor a prol do fomento da lingua galega levado a cabo polo colexio compostelán durante os últimos anos.[seguir lendo] ---- 30/04/2010 O Colexio de Avogados de Santiago e Política Lingüística reforzan a súa colaboración na promoción da lingua galega Evaristo Nogueira e Anxo Lorenzo presentaron hoxe o convenio asinado entre ambas as entidades a prol da dinamización lingüística no ámbito xudicial[seguir lendo] ---- 19/02/2010 Curso de linguaxe xurídica galega (nivel medio) O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela organiza un curso de linguaxe xurídica galega...[seguir lendo] ---- 10/02/2010 Convocatoria de probas e cursos preparatorios para obter o Celga durante o ano 2010 A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou a convocatoria das probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4 neste ano 2010.[seguir lendo] ---- 27/11/2009 Seminario: Superación de interferencias gramaticais e léxicas no galego xurídico O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela organiza o seminario “Superación de interferencias gramaticais e léxicas no galego xurídico”. [seguir lendo] ---- 19/11/2009 A terceira edición da Xornada Xustiza e Lingua deixa algúns apuntamentos para fomentar o uso do galego nos xulgados Nun salón de actos repleto na súa maior parte de profesionais da avogacía e do ámbito lingüístico, tivo lugar a terceira edición da xornada Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización...[seguir lendo] ---- 12/09/2009 Seminario: Redacción e estilo na documentación xurídica O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela organiza o seminario “Redacción e estilo na documentación xurídica”. [seguir lendo] ---- 16/04/2009 Luís García Mañá: “Nós, os galegos, temos que coidar o noso idioma porque non o van coidar outros por nós.” Nunha entrevista concedida á revista colexial Avogacía Compostelá o xefe superior da Policía en Galicia, Luís M. García Mañá, opinou sobre a normalización da nosa lingua...[seguir lendo] ---- 05/02/2009 O Consello de Europa segue a detectar importantes deficiencias canto ao uso do galego na Xustiza O Comité de Expertos outórgalle á Administración de Xustiza unha nota moi baixa canto aos usos, ás actitudes, aos medios técnicos e á formación do galego...[seguir lendo] ---- 19/11/2008 Presentación da campaña “Xustamente, en galego” O Colexio de Avogados de Santiago de Compostela presenta unha nova campaña de promoción do uso do galego entre a avogacía.[seguir lendo] ---- 22/10/2008 A II xornada Xustiza e Lingua analizou o estado do galego na xustiza A segunda edición da xornada Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización foi inaugurada e moderada polo decano do colexio de avogados compostelán...[seguir lendo] ---- 08/10/2008 O Colexio de Avogados de Santiago organiza a segunda edición da xornada “Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización” Terá lugar o martes 21 de outubro e convida á reflexión sobre o estado da lingua no ámbito da xustiza.[seguir lendo] ---- 26/09/2008 En liña o Glosario de termos xurídicos dubidosos(castelán-galego) O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago ofrece na súa páxina web o Glosario de termos xurídicos dubidosos (castelán-galego).[seguir lendo] ---- 03/09/2008 Curso de linguaxe xurídica galega. Nivel superior O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela organiza un curso de linguaxe xurídica galega destinado á formación da avogacía compostelá.[seguir lendo] ---- 26/05/2008 Seminario: Modelos documentais propios do procedemento xudicial O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela organiza o seminario Modelos documentais propios do procedemento xudicial. [seguir lendo] ---- 06/05/2008 O Colexio de Avogados fai público un acordo a prol do galego nas actuacións xudiciais O pasado 30 de abril o Colexio de Avogados de Santiago fixo público un comunicado no que reitera o seu compromiso co uso do galego na Xustiza.[seguir lendo] ---- 19/02/2008 Nova convocatoria de cursos preparatorios para a obtención dos Celga A Secretaría Xeral de Política Lingüística anuncia unha nova convocatoria de cursos de lingua galega... [seguir lendo] ---- 14/02/2008 Seminario: Actualización e reciclaxe da lingua galega: principais cambios introducidos no texto das normas no ano 2003 O Servizo de Asesoramento Lingüístico organiza o primeiro dos seminarios de formación previstos para este ano 2008. [seguir lendo] ---- 09/11/2007 Presentación da campaña “Avogamos polo galego” e xornada “Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización” Onte tivo lugar a presentación da campaña Avogamos polo galego no salón de actos do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela. [seguir lendo] ---- 19/10/2007 Xornada “Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización” A xornada “Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización” terá lugar o xoves 8 de novembro no Colexio de Avogados de Santiago de Compostela. [seguir lendo] ---- 02/10/2007 Unha nova ferramenta na rede permite localizar xeograficamente os topónimos galegos O SLI da Universidade de Vigo permite facer procuras e situar en mapa os nomes oficiais dos máis de 37.000 lugares de Galiza. [seguir lendo] ---- 13/09/2007 A presenza do galego na documentación oficial triplicouse dende o 2000 A documentación remitida en galego polos concellos galegos á Xunta pasou do 26 por cento no 2000 ao 80 por cento no 2006... [seguir lendo] ---- 11/09/2007 O galego contará cun tradutor automático galego-inglés e cun dicionario de correspondencias en liña castelán-portugués-inglés A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de anunciar a contratación de novas aplicacións tecnolóxicas para a lingua galega... [seguir lendo] ---- 30/07/2007 Orde pola que se regulan os certificados acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga) A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza publica no DOG do 30 de xullo a Orde do 16 de xullo de 2007... [seguir lendo] ---- 23/07/2007 Créase o Consello das Linguas Oficiais na Administración Xeral do Estado e a Oficina para as Linguas Oficiais [seguir lendo] ---- 19/07/2007 A primeira convocatoria de probas do Celga realizarase no último trimestre deste ano A secretaria xeral de Política Lingüística anunciou a convocatoria destes exames, estruturados en cinco niveis, e que avaliarán as capacidades comunicativas en galego. [seguir lendo] ---- 17/07/2007 Denunciado tras reclamar a presentación dun procedemento en galego Un xuíz acusa de inxurias un sindicalista que lle pediu que cumprise a Lei de normalización [seguir lendo] | |
| Bótalle un ollo: | ||
![]() |
![]() |
![]() |


![]() |
:Aviso legal: | :Contactar co Colexio: | :RAG: |