Comunicado urxente

Ante a excepcional situación socio-sanitaria que se presenta a consecuencia da propagación do coronavirus, a Xunta de Goberno do Ilustre Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela vese na necesidade adoptar unha serie de medidas coa intención de evitar posibles contaxios entre o noso colectivo profesional e a cidadanía en xeral, todo isto co fin último de garantir a operatividade da nosa actividade colexial e de seguir ofrecendo os servizos prestados tantos aos colexiados como á cidadanía. Polas razóns expostas, acórdanse, con carácter temporal, ás seguintes medidas:

1. Suspéndese o servizo de préstamo de togas para as actuacións xudiciais.
2. As salas e dependencias colexiais destinadas a reunirse cos clientes permanecerán cerradas.
3. O servizo de orientación xurídica e de atención a solicitantes de xustiza gratuíta queda suspendido de forma presencial, pasando a prestarse de forma telefónica. Excepcionalmente, atenderanse de forma presencial aqueles supostos de urxencia que requiran a solicitude de suspensións de prazos procesuais, sempre tras solicitude de cita previa.
4. A atención ao colexiado tamén se realizará preferiblemente de forma telefónica ou telemática, evitando no posible acudir á sede colexial presencialmente.
5. Suspéndense todos os actos e xornadas colexiais (como xa se avanzou, non se realizará a conferencia do día 12 e queda tamén suspendida a xornada do día 31 sobre Baremo de tráfico, así como as clases de inglés).

Ademais do anterior, dende o Consello Xeral da Avogacía Española estanse a realizar xestións e dirixindo diversos escritos ao Consello Xeral do Poder Xudicial e ao Ministerio de Xustiza para que se proceda á suspensión das vistas sinaladas para as próximas semanas (achégase unha copia dos ditos escritos).

De todas as novidades que se vaian producindo, manterémosvos informados.