II Curso práctico sobre honorarios profesionais en taxación de custas
Atendendo ás peticións formuladas por novos colexiados, este colexio de abogados organiza o segundo curso práctico sobre a aplicación dos criterios de honorarios profesionais para a taxación de custas. O curso está orientado a estudar a aplicación daquelas normas ou criterios que, dada a súa especial complexidade ou os distintos criterios de interpretación, orixinan a maior parte das impugnacións por excesivos.
Ao tratarse dun curso no que se desenvolverán casos prácticos, o número de prazas estará limitado a 50. Se o número de persoas inscritas fose superior, o curso repetiríase en xornadas sucesivas ata atender o número total de solicitudes.
- Xornada (1ª): mércores, 11 de marzo
- Hora: 19:00 h
- Lugar: aula de formación do Colexio
- Matrícula: gratuíta para colexiados/as exercentes
- Inscrición: por escrito, no fax 981 581 132 ou no correo icas@icasantiago.org
- Prazo de inscrición: ata o 2 de marzo
- Impartición: a cargo de Manuel Arza Galán, secretario técnico do ICA de Santiago e relator dos informes de honorarios que aproba a Xunta de Goberno para remitir aos xulgados nas taxacións de custas.
- Dirixido a: colexiados/as exercentes; en especial, novos colexiados ou que non asistisen ao curso impartido no 2012.