Circular informativa 07/2019

CURSO DE ACCESO E FORMACIÓN CONTINUA EN VIOLENCIA DE XÉNERO

O Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela, en colaboración coa Escola de Práctica Xurídica, organiza este curso de acceso e formación continuada sobre violencia de xénero.

Obrigatoriedade do curso

A lexislación vixente en materia de violencia de xénero esixe aos colexios de avogados crear quendas especializadas para asesorar e asistir ás vítimas e asemade require que os profesionais da avogacía posúan unha formación adecuada para a prestación deste servizo. É por iso que este curso ten carácter obrigatorio para todos aqueles avogados e avogadas que desexen incorporarse á quenda específica de violencia de xénero, que terá a consideración de formación inicial, e tamén será obrigatorio para os profesionais da avogacía que xa forman parte da dita quenda específica, que se acreditará como formación continuada.

Partidos xudiciais de Arzúa, Negreira, Ordes e Padrón

Unha vez realizada esta formación, o Colexio de Avogados creará as quendas especializadas de violencia de xénero nestes partidos xudiciais, a partir das cales se prestará a asistencia e asesoramento ás vítimas. A alta nesta quenda terá como requisito indispensable posuír a formación requirida nesta materia.

Días: 21, 23, 28, 30 de maio; 4, 6, 11, 13, 18, 20 e 25 de xuño
Horario: 19.00 a 22.00 h
Lugar: salón de actos do ICA Santiago (poderase variar en función do número de persoas matriculadas)
Prazas: 150
Matrícula: deberá solicitarse por escrito no correo electrónico icas@icasantiago.org antes do 15 de maio ás 14.00 h.

Prezo: gratuíto para colexiados/as do ICA Santiago;

100 € demais persoas interesadas. Para realizar o ingreso deberá solicitarse previamente un formulario na conta icas@icasantiago.org no que se facilitará o número de conta en que aboar o importe da matrícula. Unha vez realizado o dito ingreso, deberase enviar o xustificante correspondente ao mesmo correo electrónico (icas@icasantiago.org) ou ao fax 981 581 132.

Dirixido a: avogados/as do ICA Santiago que desexen incorporarse á quenda de oficio de violencia de xénero; membros das forzas e corpos de seguridade; psicólogos/as; traballadores/as sociais; criminólogos/as; e outras persoas interesadas.

Certificación: O ICA Santiago entregará a correspondente certificación de asistencia e aproveitamento que se estima suficiente para o acceso á quenda de oficio de violencia de xénero. Terán dereito a esta certificación as persoas que asistan cando menos ao 80 % das horas do curso e demostren aproveitamento na materia impartida.

Programa curso acceso e formación continuada en Violencia de Xénero