LEXNET
O ministro de Xustiza anunciou que a partir do 1 de xaneiro de 2016 os profesionais da Xustiza e os órganos xudiciais estarán obrigados a empregar os sistemas telemáticos existentes na Administración de xustiza para a presentación de escritos e documentos e a realización de actos de comunicación procesual, o que significa que nesa data o avogado deberá asumir como unha obriga máis o compromiso de acceso ou consulta ao sistema de notificacións a través de Lexnet, utilizando a súa tarxeta ACA que o acredita como letrado.
- Manuais e consultas LexNET Justicia
- Xustificantes de anomalías na presentación do servizo Lexnet
- Descarga LexNET Justicia – escritorio
Xa se atopa dispoñible a nova aplicación de escritorio de acceso a LexNET Xustiza para Windows (en breve dispoñerase de versións executables para Linux e Mac). Esta aplicación, que se ten que instalar no computador, permite acceder a LexNET sen ter que preocuparse de versións de Xava nin da configuración dos equipos, o que facilita o acceso e uso do servizo.
Atópase dispoñible para a súa descarga desde a seguinte ligazón: Lexnet-Escritorio
O aplicativo que se descarga leva por nome “Instalador_LexNET-Escritorio.zip”.
Unha vez completada a descarga, dobre clic no arquivo e seguir os pasos ata a finalización da instalación.
Créase unha icona no escritorio chamado LexNET-Escritorio, unha vez dentro da aplicación e co certificado ACA conectado deben entrar no botón ?Acceso a Lexnet con certificado?.
Os manuais de uso, así como outra información adicional de interese, atópanse accesibles na primeira pantalla da aplicación.
- Normativa
- Lei 18/2011, do 5 de xullo, reguladora do uso das tecnoloxías da información e da comunicación na Administración de xustiza
- Real Decreto 1065/2015, do 27 de novembro, sobre comunicacións electrónicas na Administración de Xustiza no ámbito territorial do Ministerio de Xustiza e polo que se regula o sistema LexNET.
- Lei 42/2015, do 5 de outubro, da reforma da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil
- Instrucións e protocolo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
- Anexos protocolo TSXG
- ANEXO I – Índice de documentos anexos que se remiten telemáticamente
- ANEXO II – Modelo para a presentación de documentos en papel
- ANEXO III – Modelo para a presentación, na oficina de rexistro e repartición das copias dos escritos iniciadores/non iniciadores e documentos para o seu traslado ás demais partes
- ANEXO IV – Índice que haberá que acompañar ás copias de documentos
- Programa de firma de documentos