Colexiación

A incorporación de novos/as colexiados/as é un servizo administrativo que se presta nas oficinas da Secretaría, situada na sede central do Colexio de Avogados na R/ Eduardo Pondal núm. 4 baixo, onde se atenden as solicitudes das novas incorporacións (tanto exercentes coma non exercentes), incorporacións de colexiados/as procedentes doutros países da UE e procedentes doutros países non comunitarios.

  • Horario: de 9:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, de luns a xoves e venres de de 8:30 a 14:30 horas.
  • Departamento de altas colexiais: Rebeca.
  • Teléfono: 981 581 713 ext. 3
  • Correo-e: contabilidade@icasantiago.org

Colexiación Online Exercicio da Avogacía

Requisitos para a colexiación
Colexiados/as exercentes:
  • Instancia dirixida ao Excmo. decano do Colexio
  • Acreditación do título de aptitude profesional de acceso á avogacía (Lei 34/2006)
  • Alta na Mutualidade Xeral da Avogacía ou, de ser o caso, no Réxime de Autónomos
  • Certificación do Consello Xeral da Avogacía Española: 165,95 euros (21% IVE incluído. Pagamento na secretaría en efectivo)
  • Declaración censual (modelo 037 de facenda)
  • Dúas fotografías tamaño carné
  • Fotocopia do DNI
  • Cubrir o impreso de incompatibilidades
  • Carta de domiciliación bancaria para debitar os recibos
  • Certificado de Penais
  • Cota de entrada 300 € (exento de IVE)
  • Cota colexial trimestral 123,11 € (exento de IVE)
  • Carné colexial con sinatura dixital 20 € (exento de IVE)
  • Pagamento en efectivo, tarxeta ou ingreso en: Caixabank C/ ES43-2100-4876-xx-xxxxxxxxxx. R/ Da Rosa, Santiago
  • Seguro de responsabillidade civil: non obrigatorio. Non incluido na cota colexial
  • No caso de incorporarse como letrados/as exercentes por conta allea deben achegar certificación da súa empresa, que acredite que o/a letrado/a está contratado/a como avogado/a con dedicación exclusiva, e o número de afiliación ao Réxime Xeral da Seguridade Social do letrado.

 

Colexiados/as non exercentes:
  • Instancia dirixida ao Excmo. decano do Colexio
  • Acreditación do título de aptitude profesional de acceso á avogacía (Lei 34/2006)
  • Certificación do Consello Xeral da Avogacía Española: 101,58 euros (21% IVE incluído. Pagamento na secretaría en efectivo)
  • Alta opcional na Mutualidade da Avogacía ou no seu caso en Autónomos
  • Unha fotografía de tamaño carné
  • Fotocopia do DNI
  • Carta de domiciliación bancaria
  • Cota de entrada 150 € (exento de IVE)
  • Cota colexial Trimestral 57,03 (exento de IVE)
  • Pagamento en efectivo, tarxeta ou ingreso en: Caixabank C/ ES43-2100-4876-xx-xxxxxxxxxx. R/ Da Rosa, Santiago
  • Carné Colexial 20 € (exento de IVE)
Requisitos para a colexiación (art. 09 do EXAE)

1. A incorporación a un colexio de avogados esixirá os seguintes requisitos:

  • Ter a nacionalidade española ou dalgún Estado membro da Unión Europea ou do acordo sobre o Espazo Económico Europeo, do 2 de maio de 1992, salvo o disposto en tratados ou convenios internacionais ou dispensa legal.
  • Ser maior de idade e non incorrer en causa de incapacidade.
  • Posuír o título de Licenciado en Dereito ou os títulos estranxeiros que, conforme ás normas vixentes, sexan homologados a aqueles.
  • Satisfacer a cota de ingreso e demais que teña establecidas o Colexio.

2. A incorporación como exercente esixirá, ademais, os seguintes requisitos:

  • Carecer de antecedentes penais que inhabiliten para o exercicio da avogacía.
  • Non incorrer en causa de incompatibilidade ou prohibición para o exercicio da avogacía.
  • Por lei, a teor do establecido nos artigos 36 e 149.1.30.a da Constitución, poderanse establecer fórmulas homologables co resto dos países da Unión Europea que garantan a preparación no exercicio da profesión. En todo caso, estarán exceptuados do devandito réxime os funcionarios ao servizo das administracións públicas, no ámbito civil ou militar, que superasen os correspondentes concursos ou oposicións de ingreso, para cuxa concorrencia acreditasen a licenciatura en dereito e tomasen posesión do seu cargo, así como quen fose con anterioridade avogado exercente incorporado en calquera colexio de avogados de España.
  • Formalizar o ingreso na Mutualidad General de la Abogacía, Mutualidad de Previsión Social a prima fixa ou, de ser o caso, no réxime da Seguridade Social que corresponda de acordo coa lexislación vixente.

Ademais destes requisitos xerais establecidos no ámbito estatutario, os colexios de avogados indicarán e concretarán os demais documentos para achegar polo interesado (núm. de fotos, alta en Actividades Económicas, particularidades autonómicas, etc.).
Cando se produza unha alta de exercicio por conta allea, deberase achegar a documentación que probe tal relación laboral.
Cando se proceda doutro colexio de avogados español, haberase de achegar un certificado expedido polo devandito colexio de orixe no que se constate a efectiva pertenza a el e o estar ao día no pagamento das cotas colexiais.
Igualmente, será necesario que se incorpore ao expediente que se forme un certificado no que o Consello Xeral da Avogacía Española exprese que non existe ningún impedimento previsto na lexislación aplicable para que o interesado se incorpore ao colexio de que se trate.

  • Distintas posibilidades de colexiación

1.- Nacionalidade Española

  1. Exercente, residente, nova incorporación
  2. Non exercente, residente, nova incorporación
  3. Exercente, residente, procedente doutro colexio español
  4. Non exercente, residente, procedente doutro colexio español
  5. Exercente, non residente, procedente doutro colexio español
  6. Non exercente, non residente, procedente doutro colexio español

2.- Nacionalidade non española

2.1.- Países UE o EEE
Existen varias posibilidades para poder acceder á colexiación como nova incorporación nas mesmas condicións que un nacional español.

2.1.1.- O interesado unicamente posúe o equivalente á licenciatura de Dereito no seu país: deberá homologar o título.
Regulación: RD 285/2004, do 20 de febreiro, polo que se regulan as condicións de homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de educación superior, modificado polo RD 309/2005, do 18 de marzo, e Orde ECI/1519/2006, do 11 de maio, pola que se establecen os criterios xerais para a determinación e realización dos requisitos formativos complementarios previos á homologación de títulos estranxeiros de educación superior.
Organismo competente: Ministerio de Educación, Subdirección Xeral de Títulos. A homologación deberá realizarse por un título do catálogo de títulos universitarios oficiais: deberá constar a mención expresa ao título de Licenciado en Dereito.
Obtida a homologación, poderá acceder á colexiación como “nova inscrición” nas mesmas condicións que un nacional español.

2.1.2.- Réxime do “avogado inscrito”.
Regulación: Directiva 98/5/CE, do 16 de febreiro, destinada a facilitar o exercicio permanente da profesión de avogado nun Estado membro distinto daquel no que se obtivo o título, transposta ao noso ordenamento interno mediante o RD 936/2001, do 3 de agosto, que permite o exercicio en España co título do país de orixe.
O cidadán da UE ou EEE que no seu país de orixe xa posúa o título equivalente a avogado español poderá inscribirse nun colexio español para, con certas particularidades e sempre baixo o seu título de orixe, exercer a profesión de avogado en España.
Transcorridos tres anos desde a inscrición, poderá solicitar a súa incorporación permanente á avogacía española. Para iso, ademais de cumprir os requisitos pertinentes, deberá acreditar o exercicio efectivo e regular da actividade propia da avogacía en España durante, como mínimo, eses tres anos.
Despois de superar os requisitos, poderá proceder á colexiación como “nova inscrición” nas mesmas condicións que un nacional español.

2.1.3.- Recoñecemento do título profesional de orixe.
O cidadán da UE ou EEE que no seu país de orixe xa posúa o título equivalente a avogado español poderá solicitar o seu recoñecemento.
Regulación: Directiva: 2005/36/CE, do 7 de setembro, do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de setembro de 2005, relativa ao recoñecemento de cualificacións profesionais, transposta ao noso ordenamento interno mediante o RD 1837/2008, do 8 de novembro, polo que tamén se incorpora ao ordenamento xurídico español a Directiva 2006/100/CE, do Consello, do 20 de novembro de 2006, relativa ao recoñecemento de cualificacións profesionais, así como a determinados aspectos do exercicio da profesión de avogado, e a Resolución, do 4 de xuño de 2009, da Dirección Xeral de Relacións coa Administración de xustiza, pola que se convocan as probas de aptitude para acceder ao exercicio das profesións de avogado e procurador en España por parte dos cidadáns da UE e doutros Estados parte no Acordo sobre o EEE.
Organismo competente: Ministerio de Xustiza
Obtido o recoñecemento, poderá proceder á colexiación como “nova inscrición” nas mesmas condicións que un nacional español.

2.2.- Terceiros países
Antes de proceder á colexiación como nova incorporación nas mesmas condicións que un nacional español, o interesado deberá superar dous trámites:
a) Homologación do seu título universitario (salvo que a licenciatura se obtivese en España)
Regulación: RD 285/2004, do 20 de febreiro, polo que se regulan as condicións de homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de educación superior, modificado polo RD 309/2005, do 18 de marzo, e Orde ECI/1519/2006, do 11 de maio, pola que se establecen os criterios xerais para a determinación e realización dos requisitos formativos complementarios previos á homologación de títulos estranxeiros de educación superior.
Organismo competente: Ministerio de Educación, Subdirección Xeral de Títulos.
A homologación deberá realizarse por un título do catálogo de títulos universitarios oficiais: deberá constar a mención expresa ao título de Licenciado en Dereito.
b) Dispensa de nacionalidade (exencións: art. 2 do RD 240/2007, do 16 de febreiro)
Regulación: RD 658/2001, do 22 de xuño, RD 1879/1994, do 16 de decembro, RD240/2007, do 16 de febreiro.
Organismo competente: Ministerio de Xustiza.

Altas e Baixas

Unha vez entregada toda a documentación para solicitar a alta, tramitarase na Xunta de Goberno seguinte, que se reúne cada 15 días. De acordar a Xunta de Goberno a alta, esta comunicaráselle ao/á novo/a colexiado/a por escrito, e remitiráselle o nº de colexiado/a e o seu carné profesional.

Para solicitar a baixa como colexiado/a só ten que remitir unha solicitude por escrito á secretaría do Colexio dirixida ao decano ou á Xunta de Goberno.

Cotas Colexiais
Cotas colexiais de incorporación:
  • Exercentes: 300 € (exento de IVE)
  • Non exercentes: 150 € (exento de IVE)
Cotas colexiais periódicas:
  • Exercentes residentes: 41,04 € (mensuais)
  • Exercentes non residentes: 14,37 € (mensuais)
  • Non exercentes: 19,01 € (mensuais)
  • Os recibos das cotas periódicas xíranse trimestralmente