Curso de hablidades directivas
O Colexio de Avogados, en colaboración con Lidérate Coaching, organiza un curso sobre habilidades directivas dirixido a todos os colexiados interesados.
- Días: xoves 30 de xuño e xoves 7 de xullo
- Lugar: salón de actos do ICA de Santiago
- Horario: de 17.00 a 21.00 h
- Prazas: últimas prazas (20)
- Custo: 20 € (desconto de 5 € para colexiados con menos de 5 anos de antigüidade)
- Inscrición: na secretaría do Colexio facendo efectivo o importe da matrícula.
- Relator: Diego Dopico, licenciado en Psicoloxía Social e das Organizacións pola USC; coach expertise (formación avalada pola ICF como ACSTH); técnico superior en PRL; dedicado á formación en distintos campos desde hai 14 anos; fundador de Lidérate Coaching; presidente da asociación Coaching Stellae.
Programa:
- Xestión do tempo (organización do traballo; planificación a curto, medio e longo prazo)
- Atención ao cliente (a comunicación verbal e non verbal; estilos comunicativos e flexibilidade)
- Equipos de traballo efectivos (creación e dirección; liderado e motivación; hard skills & soft skills; xestión de conflitos e negociación; o concepto de resilencia)

