Nota informativa 02/2019
- Convenio co aparcadoiro de área central para colexiados/as
A Xunta de Goberno acordou o pasado 08.01.2019 a sinatura dun convenio de colaboración co aparcadoiro de Área Central Empark Aparcamientos y Servicios, SA, para a adquisición de bonos dun uso e vales de desconto dunha hora para os colexiados.
Os bonos e vales de desconto estarán á disposición de todos os colexiados na oficina deste colexio na sede dos xulgados das Fontiñas, a partir do vindeiro luns 21.
- Bonos de uso para estacionamentos de 24 horas cun custo de 2,75 euros por unidade. Só se pode utilizar unha vez (unha saída). Este bono compensa para estancias de máis de tres horas e utilízase ao retirar o vehículo e facer o pagamento.
- Vales de desconto dunha hora cun prezo de 0,80 euros a unidade. Este vale é dun só uso e desconta a tarifa dunha hora (1,80 €/h).
Tanto o bono diario como o vale de desconto dunha hora haberá que usalos no caixeiro de pagamento do aparcadoiro, antes de retirar o vehículo (non no dispositivo de saída).

