Nota informativa 26/2018
- EBOOK GRATUÍTO: “10 CUESTIONES DE OBLIGADO CONOCIMIENTO PARA ABOGADOS Y PROCURADORES SOBRE LOS PLAZOS”
En virtude do convenio de colaboración asinado entre o Colexio e a editorial xurídica Sepín, ponse á disposición de todos os colexiados e colexiadas a descarga gratuíta deste libro electrónico, concibido como unha guía práctica para facilitar o labor dos profesionais da avogacía á hora de determinar os prazos procesuais e substantivos.
Descarga gratuíta en: https://www.sepin.es/ebook/plazos-abogados-procuradores/
- XORNADAS TÉCNICAS SOBRE DELITOS CONTRA A INTEGRIDADE SEXUAL
A Concellaría de Igualdade do Concello de Santiago de Compostela, en colaboración cun grupo de expertas no ámbito xurídico, organiza estas xornadas técnicas co fin de abordar os criterios de actuación das e dos axentes que interveñen na atención das vítimas de delitos sexuais, amais de estar dirixidas á creación dunha comisión que elabore un protocolo que mellore a coordinación entre profesionais dos ámbitos relacionados no partido xudicial de Santiago de Compostela.
Nas mesas de traballo destas xornadas participarán algunhas compañeiras colexiadas e tamén contarán coa intervención das deputadas da Xunta de Goberno Patricia López Arnoso e Mª Jesús Vieito Mayo como moderadoras.
Días: 8 e 9 de novembro
Horario: de 16.00 a 20.00 h
Lugar: Centro Sociocultural das Fontiñas
Custo: gratuíto
Inscrición: a través do correo electrónico myriam@promoveconsultoria.gal, indicando os seguintes datos: nome e apelidos; institución, asociación ou centro de traballo; teléfono e enderezo de correo electrónico.
Programa: Programa Xornadas

