Circular informativa 08/2021
XIV XORNADA XUSTIZA E LINGUA: REFLEXIÓNS PARA A NORMALIZACIÓN (o xoves, 4 de novembro, ás 20.00 h)
Tras a interrupción do ano pasado motivada pola Covid-19, volvemos retomar a nosa cita anual con esta xornada, que chega á súa décimo cuarta edición, co obxectivo de seguir promovendo a reflexión acerca do proceso de normalización lingüística no ámbito da xustiza.
Nesta ocasión a xornada presenta unha mesa redonda, baixo o título “O galego como opción lingüística na práctica xudicial”, na que participarán Pedro Trepat (colexiado 547 do ICAS) e Quico Cadaval (actor, director e narrador). Con carácter previo terá lugar unha breve intervención a cargo do decano Francisco Rabuñal e do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
- Día: xoves, 4 de novembro de 2021
- Lugar: salón de actos do ICA de Santiago
- Hora: de 20.00 h
- Prazas: 80
- Inscrición: gratuíta, cubrindo o boletín de inscrición en www.icasantiago.org
- Certificación de asistencia: expedida polo ICA de Santiago e pola Xunta de Galicia


