S.A.C Servizo de Atención ó cidadán / consumidor

Formulario de Queixa
Normativa aplicable

Consonte a Lei 25/2009, do 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei sobre libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, así como a actual redacción da Lei de colexios profesionais do 15.02.1974, os colexios profesionais deben contar cun servizo de atención aos colexiados e aos consumidores ou usuarios.

  • Lei de colexios profesionais do 15.02.1974
  • Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia
  • Estatuto xeral da avogacía española, aprobado polo Real decreto 658/2001 do 22 de xuño
  • Regulamento de procedemento disciplinario, do 27 de febreiro de 2009
  • Código deontolóxico do 27.11.2002
  • Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común
Xurisprudencia

Xurisprudencia respecto das “follas de reclamacións” (non obrigatorias en colexios de avogados e despachos)

  • Sentenza 330/2011, do 29.06.2011, do Xulgado Contencioso Administrativo núm. 2 de Xaén
  • Sentenza 76/2003, do 10.09.2003, do Xulgado Contencioso Administrativo núm. 2 de Alacante
Presentación
  • No rexistro de entrada do Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela (rúa de Eduardo Pondal, 4)
  • Por correo postal, dirixido a: Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela, rúa de Eduardo Pondal, 4, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña
  • Por fax: 981 581 132
  • Por correo electrónico: icas@icasantiago.org
Tramitación

Unha vez presentado o escrito de queixa, este é elevado á xunta de goberno do colexio de avogados (que se reúne cada 15 días). A xunta de goberno, logo de examinar a queixa, pode acordar o seguinte:

1) O seu arquivo (parágrafo 3 do artigo 6.1 do Regulamento disciplinario). No caso de considerar que a denuncia carece manifestamente de contido deontolóxico ou é inverosímil ou non ten fundamento.

2) A apertura de dilixencias de información previa (artigo 7 do Regulamento disciplinario). Neste caso dáselle traslado do escrito de queixa ao letrado/a denunciado/a para que no prazo de 10 días poida presentar alegacións. Así mesmo, noméase un relator/a de entre os membros da xunta de goberno.

Tras recibir as alegacións do letrado/a, poderá acordarse:

  • arquivo das dilixencias de información previa;
  • ou a apertura dun expediente disciplinario.

3) Remitilo ao colexio de avogados competente. Se se trata de actuacións realizadas ante xulgados que non pertencen ao ámbito territorial do colexio de avogados ante o que se presenta a queixa.

Todos estes acordos seranlle comunicados por escrito á persoa denunciante.