Circular informativa 07/2022
- Formación: canal “Avogacía Compostelá” en Youtube
Informámosvos de que o Colexio creou o canal en YouTube denominado “Avogacía Compostelá”, dende o que se poderán visualizar os cursos e xornadas de formación que se impartan en liña. A partir de agora este tipo de formacións serán gravadas e publicadas no canal co fin de facilitar a súa reprodución en calquera momento.
- Programa de xestión QWOLAW de VLEX: gratuíto para colexiados/as
A Xunta de Goberno, na sesión do día 05.05.2022, aprobou a sinatura do convenio de colaboración coa editorial vLex para ofrecer de maneira gratuíta aos nosos colexiados e colexiadas exercentes residentes o programa de xestión de despachos Qwolaw.
No prazo de 10 días o dito programa estará xa operativo e comunicarásevos para que o poidades descargar dende a páxina web do Colexio.

