Asemblea territorial previa á xeral ordinaria da mutualidade 2025
O vindeiro 28 de xuño terá lugar a asemblea ordinaria da Mutualidad e, con carácter previo, ten que realizarse a asemblea territorial dos e das mutualistas do ámbito do ICA Santiago. Por isto, convocamos a todos os colexiados e colexiadas mutualistas á seguinte asemblea previa:
Días: 22 de maio
Hora: 17.00 h (horario de votación de 17 a 19 h)
Lugar: salón de actos do ICA Santiago
Importante: A Mutualidad remitiulle a cada mutualista un correo electrónico cunha ligazón persoal dende a que descargar o seu código QR para poder acreditarse. No caso de que non se recibise o dito correo, poderase contactar no teléfono 914352486 (de luns a xoves, de 9 a 18.30 h, e venres, de 8.30 a 14.30 h) para xestionar a descarga do código QR.
Achégase nun documento anexo (PDF) a convocatoria oficial da Mutualidad e as instrucións de acreditacións, votación, delegación de voto etc., que tamén figura publicada no taboleiro de anuncios do colexio.

