Xornada: “Os procesos de familia de acordo coa doutrina xurisprudencial actual do tribunal supremo: garda e custodia, atribución da vivenda, alimentos…”

  • Día: xoves, 28 de setembro
  • Hora: 18.30 h
  • Lugar: salón de actos do ICA de Santiago
  • Inscrición: gratuíta para colexiados do ICA Santiago; 50 € para demais persoas
  • Relatora: Marta Belén Rabadán Torrecilla. Licenciada en Dereito pola Universidad Complutense de Madrid, é maxistrada titular con destino actual no Xulgado de Primeira Instancia Núm. 3 de Córdoba, de Familia, desempeñando funcións en comisión de servizos como letrada do Gabinete Técnico do Tribunal Supremo, Sala Civil. Letrada titular da Administración de xustiza en situación de excedencia por servizo activo na carreira xudicial como maxistrada. Tamén é profesora asociada na Universidad de Valencia impartindo clases de Dereito procesual penal e civil, así como docente en másters universitarios e relatora en numerosos cursos.
  • Resumo do relatorio:
    • Recurso de casación como xerador de xurisprudencia en materia de familia: tratamento procesual do recurso; técnica casacional; elementos que integra no interese casacional; o interese casacional en materia de familia.
    • Doutrina xurisprudencial actual da Sala Primeira do Tribunal Supremo, sobre as diferentes medidas que se adoptan ante situación de crises da parella: garda e custodia; atribución da vivenda; alimentos; gastos extraordinarios; réxime de visitas; pensión compensatoria; modificación de medidas.