Nota informativa 09/2018

Novo deseño e operatividade da páxina web

Dende hoxe está accesible unha versión actualizada da páxina web do Colexio. O novo deseño, aínda en fase de probas, permite unha navegacións máis dinámica e intuitiva a través de accesos directos aos contidos de maior interese. Ademais, como medida de maior seguridade, incluíuse unha opción para modificar os contrasinais de usuario. Desta forma, o acceso dos colexiados e colexiadas á área restrinxida da web realizarase a través dos seguintes datos:

  • Usuario: número de colexiado/a, introducindo os 4 díxitos (con cero á esquerda no caso de ter só 3)
  •  Contrasinal: núm. do DNI (sen letra e sen separación), que a partir de agora poderá ser modificado por un novo código alfanumérico personalizado (a través do menú superior “Acceso Colexiados” e despois na opción “Esquecín o meu contrasinal”).

Outras novidades ou contidos engadidos son:

  • Acceso ao servizo Plataforma de Reclamación de Seguros, dentro da sección “Lexnet / Servizos telemáticos” (xestión automatizada coas aseguradoras das reclamacións de danos persoais derivados de accidentes de circulación)
  • Acceso á Sede Xudicial Electrónica (espazo de relación entre a cidadanía, os profesionais e a Administración de xustiza galega)
  • Acceso ao Taboleiro de Anuncios (publicación de avisos e anuncios emitidos polo Colexio)
  • Acceso á Hemeroteca de circulares informativas (compilación de circulares e notas informativas publicadas polo Colexio nos últimos anos)