Nota informativa 03/2019
Festividade de San Raimundo de Peñafort
Informámosvos dos prezos do cuberto para a cea-baile do vindeiro 22 de febreiro (inclúen subvención do colexio):
- Colexiados/as de máis de 5 anos: 55 €
- Colexiados/as de menos de 5 anos: 45 €
- Acompañantes (cónxuxe ou parella): 55 €
- Alumnado da EPX/máster: 45 €
- Outras persoas (non colexiadas): 72 €
As tarxetas de invitación poderán retirarse na secretaría do colexio ata o día 18 de febreiro ás 14.00 h. Existe a posibilidade de reservar mesas, se así se solicita, no momento de retirar as invitacións (capacidade máxima 10/11 persoas por mesa).
O servizo de autobuses terá os seguintes horarios:
- Ida: 21.10 h / 21.30 h / 21.50 h, dende a praza de Galicia ata o hotel Los Abetos.
- Volta: 3.00 h / 4.30 h (aprox.), dende o hotel Los Abetos ata a praza de Galicia.
Programa: 22.02.2019
- 18.00 h Misa na Igrexa de San Paio de Antealtares, que se aplicará en lembranza dos compañeiros finados (rúa de San Paio de Antealtares, 23 —acceso por lateral Casa da Parra, praza da Quintana).
- 19.00 h Actos solemnes no Salón Nobre do Pazo de Fonseca:
- Entrega do X Premio de Dereitos Humanos a: Residencia de Ancianos Hermanitas de la Caridad de San Marcos
- Entrega das insignias de ouro aos letrados que cumpren 40 anos de exercicio profesional: D. José López Fernández, D. Pedro A. Trepat Silva e D. César G. Rúa Martínez
- Xura ou promesa de novos letrados e letradas
- 20.30 h Viño de honra no claustro do Pazo de Fonseca
- 21.30 h Cea-baile no Gran Hotel Los Abetos
21.30 h: Aperitivos no lobby bar
22.00 h: Cea no salón Madrid
Menú:
Ravioli de cabaciña, cigalas e lagostinos
Robaliza salvaxe asada, remolacha, pataca confeitada e espinacas
Secreto ibérico con pementos asados e patacas confeitadas
Coulant de chocolate con xeado de iogur e mandarina
Cafés e infusións
Adega: viño branco DO Ribeiro Antonio Montero Autor; viño tinto DO Rioja Izadi Crianza; augas, cervexas e refrescos
Barra libre e baile

