Circular informativa 09/2019

  • PÓLIZA DO SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL

O vindeiro 01.07.2019 entra en vigor a nova anualidade da póliza do seguro de responsabilidade civil (01.07.2019 – 30.06.2020) que este Colexio de Avogados ten contratada coa aseguradora Allianz. Esta póliza ten unha cobertura de 450.000 euros e para a nova anualidade a prima que paga cada colexiado increméntase un 10 % debido a que a sinistralidade do ano anterior superou o 80 % pero estivo por debaixo do 90 %.

A nova anualidade establece unha prima de 280,23 euros anuais por cada colexiado asegurado. Sobre esta cantidade descontarase o importe da subvención achegada polo Colexio, que é de 30.000 euros (48 € por colexiado asegurado ao ano).

O importe da prima, unha vez aplicado o desconto da subvención do Colexio, será cargado aos colexiados asegurados semestralmente. O primeiro cargo realizarase entre os meses de xullo ou agosto e o segundo, no mes de xaneiro.

  • ACTO DE PRESENTACIÓN DO 175 ANIVERSARIO DO COLEXIO DE AVOGADOS “AVOGACÍA COMPOSTELÁ 1844-2019”

O vindeiro mércores, 26 de xuño, ás 19.30 h, este Colexio levará a cabo no Pazo de Bendaña (praza do Toural) o acto institucional de presentación do 175 aniversario deste Colexio de Avogados “Avogacía Compostelá 1844-2019”. Trátase dun acto dirixido principalmente á sociedade civil e a prensa e que ten como obxecto dar a coñecer a nosa institución entre a cidadanía e a veciñanza de Santiago de Compostela.

Dende o Colexio enviáronse invitacións para asistir a este acto a distintas asociacións de veciños, de empresas e de comercio, medios de comunicación, amais das autoridades locais. Debido á limitación de capacidade das salas do edificio (150 persoas aprox.) e unha vez coñecida a estimación de persoas e autoridades que confirmaron a asistencia a este acto, reservouse un número de 40 prazas para colexiados e colexiadas que estean interesados en asistir.

Co fin de cubrir as prazas reservadas para colexiados, abrimos un prazo ata o vindeiro luns 24 ás 14.00 h para que os colexiados que desexen asistir se anoten na secretaría deste colexio (tfno. 981 581 713, Rebeca). Pregámosvos, dada a limitación de prazas sinalada, que se apunten as persoas que teñan interese e conten con poder asistir ese día, co fin de non prexudicar a outros colexiados interesados.

O acto consistirá nunha intervención do Sr. Decano e dos representantes das institucións máis antigas da cidade (Concello, USC, Cámara de Comercio) e rematará cun viño de confraternidade.
O acto central de celebración do 175 aniversario terá lugar o 16 de novembro coincidindo co día da creación deste Colexio (16.XI.1844), acto que irá dirixido en especial a todos os nosos colexiado