Lista para actuar como contadores no 2020
Coma cada ano, no mes de xaneiro o Colexio de Avogados remite aos xulgados e tribunais unha lista actualizada con todos os colexiados dispostos a actuar como perito-contador (artigos 341.1 e 784.3 da LAC).
Por ese motivo, ábrese un prazo ata o día 22.01.2020 (14.00 h) para que os colexiados que non estean incluídos nestas listas do ano anterior poidan solicitar a súa incorporación.
Os requisitos para poder acceder a estas listas son os seguintes:
– Ser letrado/a exercente e residente do ICA de Santiago.
– Posuír un mínimo de cinco anos de antigüidade no exercicio efectivo da avogacía.
Elaborarase unha lista por cada partido xudicial (Santiago, Arzúa, Negreira, Ordes e Padrón). Os letrados só poderán incorporarse á lista do partido correspondente ao seu domicilio profesional.
As solicitudes deberán presentarse por escrito na secretaría do colexio antes do 22.01.2020, ás 14.00 h (correo electrónico, fax ou correo postal).
Por acordo da Xunta de Goberno, a nova lista que se remita aos xulgados será ordenada a partir dun sorteo que se levará a cabo na secretaría do colexio, e non por orde alfabética como se viña facendo. No artigo 341.1 da LAC establécese que “a primeira designación de cada lista efectuarase por sorteo […] e a partir dela efectuaranse as seguintes designacións por orde correlativa”.

