Convocatoria Xunta Xeral 1ª 2020
Rexistro de saída: 0017
Data: 09.01.2020
Día: 29.01.2020
Hora: 20.00 h
Lugar: salón de actos do ICA de Santiago
De acordo co establecido nos artigos 88 e 90 do Estatuto do Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela e nos artigos 55 e seguintes do Estatuto xeral da avogacía española, a Xunta de Goberno, na sesión do día 07.01.2020, tomou o acordo de convocar a xunta xeral ordinaria (primeira de 2020) para o vindeiro 29 de xaneiro de 2020, ás 20:00 h, no salón de actos deste colexio, consonte a seguinte:
Orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da última xunta xeral.
2. Recensións que realizará o decano sobre os acontecementos máis significativos que tiveron lugar o ano anterior en relación co colexio.
3. Exame e votación da conta xeral de gastos e ingresos do exercicio anterior.
4. Proposicións.
5. Rogos e preguntas.
6. Toma de posesión dos seus cargos respectivos, polos membros da Xunta de Goberno elixidos, e cesamento daqueles a quen corresponda saír.

