Circular informativa 02/2021

Póliza colectiva de hospitalización por covid-19 – subvencionada polo colexio

O Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela, en prol de seguir adoptando medidas de protección para os seus colexiados e colexiadas ante á pandemia que estamos a padecer, chegou a un acordo con Previsión Mallorquina de Seguros para a contratación dunha póliza colectiva de hospitalización por Covid-19. A continuación, presentamos as características e coberturas máis destacables:

  • Asegurados: colexiados/as residentes do ICA de Santiago de ata 70 anos.
  • Coberturas:
    • subsidio diario de 100 euros durante un prazo máximo de 10 días por hospitalización (máximo 1000 €).
    • subsidio diario de 100 euros durante un prazo máximo de 30 días por ingreso en UCI (máximo 3000 €).

En ambos os casos as hospitalizacións deben ter unha duración mínima de 48 horas.

  • Prima: 20 euros por colexiado/a ao ano.

O Colexio subvenciona con 1000 euros esta póliza, polo que no caso de que houbese 50 asegurados financiaríase con ese importe o 100 %. No caso de superar as 50 altas, o importe subvencionado sería repartido de forma proporcional entre todos os asegurados co desconto correspondente sobre os 20 euros da prima.

  • Mínimo de asegurados: 50 altas (se non se acada esa cifra, a póliza non podería contratarse)
  • Prazo para solicitar a alta: ata o luns 25 ás 14.00 h (a través do correo electrónico icajuzgado@icasantiago.org ou do fax 981 581 132)
  • Compatibilidade: Esta póliza é compatible e acumulable con outras que se teñan contratadas de forma individual con Previsión Mallorquina, así como coas coberturas da Mutualidade ou do Reta

Circular informativa / Oferta hospitalización COVID ICA Santiago