Biblioteca Xurídica Online

Desde hoxe xa está en funcionamento a Biblioteca On-Line que o Colexio de Avogados contratou coa editorial Sepín. Este novo servizo, que será totalmente gratuíto para os nosos colexiados, ofrece unha nova base de datos ou biblioteca telemática que conta con máis de 1000 obras, formularios, revistas, guías temáticas etc.

O acceso á biblioteca on-line realizarase a través da páxina web do colexio de avogados (www.icasantiago.org) e será preciso seguir estes pasos:

  1. Acceder á páxina web do colexio e, dentro da sección “Servizos ao Colexiado”, premer na pestana “Biblioteca Xurídica On-Line”, que abrirá a páxina da base de datos.
  2. Unha vez dentro da páxina da base de datos de Sepín, na marxe superior dereita cómpre validarse con usuario e contrasinal da seguinte maneira:
    1. Usuario: “icas” seguido do núm. de colexiado (por exemplo: icas1919)
    2. Clave: núm. do DNI, sen letra nin puntos

Unha vez que nos validemos na páxina, despregarase un menú no que poderemos consultar os seguintes contidos:

  1. Coleccións:
    1. Análises Tribunal Supremo
    2. Formularios
    3. Guías Temáticas
    4. Xurisprudencia ao detalle
    5. Monografías
    6. Preguntas e respostas
    7. Reformas ao detalle
  2. Materias:
    1. Administrativo
    2. Arrendamentos urbanos
    3. Estranxeiría
    4. Familia e sucesións
    5. Fiscal
    6. Mediación
    7. Penal
    8. Proceso civil
    9. Tráfico
  3. A miña biblioteca
    1. Onde se arquivarán os documentos descargados
  4. Xestión documental
    1. Documentos vistos
    2. Seleccións
    3. Carpetas

IMPORTANTE:

  • Os usuarios que xa sexan clientes de Sepín e que dispoñan de usuario e contrasinal deberán de seguir utilizándoos. Unha vez que realicen a validación na marxe superior dereita, na opción “Mi cuenta” poderán modificar tanto o usuario coma o contrasinal.
  • Colexiados con contas de correo repetidas
    • Existen colexiados dun mesmo despacho que teñen na base de datos do colexio a mesma conta de correo para todos os membros do despacho, nestes casos unicamente poderá acceder un mentres non faciliten contas de correo específicas para cada colexiado.

Este servizo, en principio unicamente estará dispoñible para os colexiados exercentes debido ao seu elevado custo económico. Coa contratación deste servizo o Colexio de Avogados de Santiago será pioneiro en Galicia en ofrecerlles aos seus colexiados esta Biblioteca On-Line. Unida ás bases de datos de xurisprudencia xa existentes na web (La Ley e Tirant lo Blanc), contaremos con tres ferramentas de primeira orde no mercado actual e de acceso libre e gratuíto para os nosos colexiados.

Para calquera dúbida en relación co funcionamento desta ferramenta, non dubidedes en poñervos en contacto co persoal do colexio:

  • Carlos Polo (informático)
  • Manuel Arza (secretario técnico)

Tamén poderedes contactar directamente co servizo de atención ao cliente de Sepín no teléfono 91 352 75 51.

Nos próximos días a editorial xurídica Sepín enviará un correo electrónico a todos os colexiados exercentes cunhas breves instrucións de funcionamento e co seu usuario e contrasinal.