-
07Xan
Lista para actuar como contadores no 2020
Coma cada ano, no mes de xaneiro o Colexio de Avogados remite aos xulgados e tribunais unha lista actualizada con todos os colexiados dispostos a actuar como perito-contador (artigos 341.1 e 784.3 da LAC).
Por ese motivo, ábrese un prazo ata o día 22.01.2020 (14.00 h) para que os colexiados que non estean incluídos nestas listas do ano anterior poidan solicitar a súa incorporación.Os requisitos para poder acceder a estas listas son os seguintes:
- Ser letrado/a exercente e residente do ICA de Santiago.
– Posuír un mínimo de cinco anos de antigüidade no exercicio efectivo da avogacía.Elaborarase unha lista por cada partido xudicial (Santiago, Arzúa, Negreira, Ordes e Padrón). Os letrados só poderán incorporarse á lista do partido correspondente ao seu domicilio profesional.
As solicitudes deberán presentarse por escrito na secretaría do colexio antes do 22.01.2020, ás 14.00 h (correo electrónico, fax ou correo postal).
Por acordo da Xunta de Goberno, a nova lista que se remita aos xulgados será ordenada a partir dun sorteo que se levará a cabo na secretaría do colexio, e non por orde alfabética como se viña facendo. No artigo 341.1 da LAC establécese que “a primeira designación de cada lista efectuarase por sorteo […] e a partir dela efectuaranse as seguintes designacións por orde correlativa”. -
16Dec
Convocatoria eleccións á Presidencia do CXAE
-
12Dec
LETRADOS MEDIADORES NO SERVIZO DE MEDIACIÓN INTRAXUDICIAL FAMILIAR
Rexistro de saída: 1037
Data: 12.12.2019Asunto: valoración de méritos
-
06Dec
Eleccións 2019
-
02Dec
Letrados mediadores no servizo de mediación intraxudicial familiar
Rexistro de saída: 939
Data: 02.12.2019Convocatoria de selección de catro letrados/as mediadores/as para o servizo de mediación intraxudicial familiar
Asunto: publicación da relación de persoas admitidas e excluídas
-
27Nov
Convocatoria de Xunta Xeral (2ª/2019)
-
21Nov
Nota informativa: Mediación intraxudicial familia
Rexistro de saída: 897
Data: 21.11.2019NOTA INFORMATIVA
[ICA Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2019]CONVOCATORIA PARA SELECCIONAR CATRO LETRADOS/AS MEDIADORES/AS PARA O SERVIZO DE MEDIACIÓN INTRAXUDICIAL FAMILIAR
Fin do prazo para presentar solicitudes: 25.11.2019
O prazo para presentar as solicitudes finaliza o luns, 25 de novembro, de acordo co establecido no artigo 30.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas: “Os prazos expresados en días contaranse a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación ou publicación do acto de que se trate…”.
Así mesmo, queremos recordar que a documentación que se achegue coa solicitude debe ser orixinal ou copia compulsada.
-
11Nov
Circular informativa 17/2019
Rexistro de saída: 785
Data: 11.11.2019Publicación de convocatoria para a selección de catro letrados/as mediadores/as para o servizo de mediación intraxudicial familiar
A Xunta de Goberno, na sesión do pasado 07.10.2019, tomou o acordo de convocar o concurso de méritos para a selección de catro letrados/as mediadores/as encargados de prestar o servizo de mediación intraxudicial familiar que o Colexio de Avogados, xunto co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, ofrecerán ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa consellería de Política Social.
Por medio desta circular faise público o texto íntegro da devandita convocatoria (PDF anexo), que se resume nos seguintes puntos:
-Número de postos: 4 letrados/as mediadores/as
-Funcións do posto: prestación do servizo de mediación intraxudicial familiar no ámbito territorial do ICA Santiago
-Requisitos e méritos: ver convocatoria anexa
-Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles dende a publicación da convocatoria
-Forma e lugar de presentación de solicitudes: por escrito na secretaría do ICA Santiago. A documentación que se achegue para xustificar requisitos e méritos deberá ser orixinal ou copia compulsada.
Na mesma sesión, a Xunta de Goberno tamén aprobou o Protocolo de derivación de mediación intraxudicial familiar, mediante o cal se regulará a prestación deste servizo e o seu funcionamento, así como as prohibicións e incompatibilidades dos mediadores. O seu texto estará dispoñible para a consulta na secretaría do ICA Santiago.
-
25Xan
Convocatoria de Xunta Xeral, 1ª/2019
Día: 28.02.2019 | Hora: 20.00 h | Lugar: salón de actos do ICA de Santiago
-
25Xan
Lista de contadores
“Partido judicial de Arzúa” | “Partido judicial de Negreira” | “Partido judicial de Ordes” | “Partido judicial de Padrón” | “Partido judicial de Santiago de Compostela”