Circular informativa 05/2025
- Informe de auditoría das contas anuais 2025
De acordo co establecido no artigo 109.3 do Estatuto do ICA Santiago, ao producirse unha renovación parcial da Xunta de Goberno tras as últimas eleccións que se levaron a cabo o 20.12.2024, a Xunta de Goberno ordenou realizar a auditoría das contas anuais correspondentes ao último exercicio (2024).
O auditor contratado para realizar a auditoría, Capellá Auditores, presentou a memoria e o informe de auditoría e, por acordo da Xunta de Goberno procédese á súa publicación na páxina web do colexio e á súa comunicación a todos os colexiados e colexiadas. Así mesmo, esta auditoría será presentada na próxima xunta xeral do día 13 de marzo.
O informe e a memoria da auditoría poden consultarse na seguinte ligazón:
https://www.icasantiago.org/portal-de-transparencia/contas-anuais/