Convocatoria de eleccións Xunta de Goberno: 22/12/2022

Rexistro de saída: 1636
Data: 28.10.2022

Achegámosvos a convocatoria de eleccións á Xunta de Goberno do ICA de Santiago, que terán lugar o vindeiro 22 de decembro de 2022, xunto co calendario electoral cos prazos fixados para todo o proceso de eleccións.

Así mesmo, dende o día de hoxe queda exposto no taboleiro de anuncios do Colexio (sede principal, rúa de Eduardo Pondal, 4, baixo) o censo electoral, que poderá ser consultado por todos os colexiados e colexiadas para, de ser o caso, presentar posibles reclamacións dentro dos cinco días seguintes á súa exposición.

Achégase:

Acordo de convocatoria de eleccións (PDF)

Calendario electoral (PDF)