Convocatoria de Xunta Xeral 2ª 2020
Rexistro de saída: 1766
Data: 01.12.2020
Día: 29.12.2020
Hora: 10.00 h
Lugar: salón de actos da EGAP (rúa de Madrid, 2, Santiago)
De acordo co establecido nos artigos 88 e 91 do Estatuto do Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela e segundo o acordo da Xunta e Goberno na sesión do 30.11.2020, convócase a Xunta Xeral (2ª de 2020) para o vindeiro 29 de decembro ás 10.00 h no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, conforme á seguinte orde do día:
Orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da última xunta xeral
2. Exame e votación do orzamento para o exercicio 2021
3. Rogos e preguntas
Nota sobre o lugar de celebración: A Xunta de Goberno acordou levar a cabo a xunta xeral no salón de actos da EGAP, dada a súa capacidade, co fin de asegurar así o cumprimento das medidas de distanciamento entre as persoas asistentes.

