Festividade de San Raimundo de Peñafort 2017
O Decano e mais a Xunta de Goberno do Ilustre Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela comprácense en convidalo/a:
Aos actos de celebración da festividade de San Raimundo de Peñafort, que terán lugar o vindeiro 20 de xaneiro de 2017.
A Xunta de Goberno, na sesión que tivo lugar o 19.12.2016, acordou fixar o día 20.01.2017 para a celebración da festividade de San Raimundo de Peñafort.
18.00 h Misa na Catedral de Santiago, que se aplicará en lembranza dos compañeiros finados.
19.00 h Actos solemnes no Salón Nobre do Pazo de Fonseca
- Entrega das medallas de ouro do Ilustre Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela:
- Entrega do Premio de Dereitos Humanos
- Entrega de medallas aos colexiados que cumpren 40 anos de exercicio
- Xura de novos letrados e letradas
20.00 h Viño de honra no claustro do Pazo de Fonseca
22.00 h Cea-baile no hotel Porta do Camiño

