Mesa redonda no día internacional da muller
“Mulleres xuristas. Tres olladas sobre a igualdade”
O Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela, coincidindo co Día Internacional da Muller, organiza a mesa redonda “Mulleres xuristas. Tres olladas sobre a igualdade”, que se retransmitirá por videoconferencia dende a biblioteca do Colexio.
Día: luns, 8 de marzo
Hora: 19.00 h
Lugar: retransmisión a través de Zoom dende a biblioteca do ICA Santiago
Inscrición no formulario que aparece na seguinte ligazón: https://zoom.us/webinar/register/WN_DJWeROtGTT6o5eAWEM0h3w
Prazo: ata o vindeiro 5 de marzo ás 14.00 h
Participan:
- Dª María Dolores Rivera Frade, maxistrada, presidenta da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG
- Dª María Inmaculada Espiñeira Soto, notaria de Santiago de Compostela
- Dª Jacoba Emilia Millán Acosta, avogada, colexiada 677 do ICA Santiago