Nota informativa: guía 2017
Guía Colexial 2017: comprobación de datos profesionais (antes do 05.05.2017)
Estimados/as compañeiros/as:
Achégase un enlace do borrador da Guía Colexial 2017 para que poidades comprobar se os vosos datos profesionais están debidamente actualizados antes da súa publicación definitiva.
Enlace: https://www.icasantiago.org/wp-content/uploads/2017/05/comprobar_guia_2017.pdf
As altas no censo de colexiación posteriores ao 22.02.2017 non se recollen nesta guía dado que a lista foi remitida para a maquetación a finais do mes de febreiro. Unha vez maquetada a guía, non se permite incluír campos novos, só modificar os xa existentes. Polo tanto, os colexiados e colexiadas que figuren no borrador e detecten algún dato erróneo poderán comunicalo por escrito á secretaría deste colexio antes do venres 5 de maio ás 14.00 h.
O luns 8 de maio enviarase á imprenta para a súa publicación e agardamos que antes de que remate este mes se poida remitir un exemplar a cada colexiado por correo ordinario, ademais da súa publicación na zona restrinxida da web do colexio.
Un cordial saúdo,
Manuel Arza Galán
Secretario técnico

