Nota informativa: Quenda de oficio

Pagamento das gardas e quendas do 2º trimestre de 2020

A Xunta de Goberno, na sesión que tivo lugar o 29.06.2020, tomou o acordo de adiantar con fondos propios o pagamento das cantidades correspondentes ao segundo trimestre de 2020 da quenda de oficio.

Pechado o período de xustificación (30.06.2020), remitirase a correspondente certificación de quendas á Dirección Xeral de Xustiza e, unha vez aprobada, procederase a efectuar os pagamentos que correspondan. Trataremos de que a tramitación destes pagamentos se poida realizar antes do vindeiro 10 de xullo.