Renovación da póliza do seguro de responsabilidade civil

Rexistro de saída: 0920
Data: 02.06.2022

– Anualidade do 01.07.2022 a 30.06.2023

– Subvencionada polo Colexio con 100.000 € por anualidade

O vindeiro 30.06.2022 ás 24 h vence a póliza do seguro de responsabilidade civil que este Colexio de Avogados como tomador ten contratado coa aseguradora Allianz a través da corretoría Aon para asegurar a responsabilidade civil dos nosos colexiados.

Durante os dous últimos meses mantivéronse negociacións con distintas aseguradoras e, tras estudar as ofertas presentadas, resultou máis vantaxosa en canto a coberturas e primas a de Allianz, ao manterse as mesmas condicións que na anualidade anterior sen ningún tipo de incremento na prima que lle corresponde a cada colexiado/a. En consecuencia, a Xunta de Goberno acordou a renovación da dita póliza con esta aseguradora por mediación de Aon
Circular informativa 11/2022