Segunda xornada sobre a nova lei de xurisdición voluntaria

Debido a que xa se cubriron as prazas para a primeira edición que terá lugar o día 20 deste mes, o Colexio de Avogados organiza unha segunda edición desta xornada sobre a nova Lei da xurisdición voluntaria para atender as solicitudes recibidas.

  • Día: venres, 30 de outubro
  • Hora: 12.00 h
  • Lugar: salón de actos do ICA de Santiago
  • Prazas: 100
  • Relator: José Arturo Pérez Moreno (avogado, ex-decano do ICA Almería, membro da comisión de estudos do CGAE e autor da proposta de emendas presentadas polo CGAE á dita lei)
  • Matrícula: gratuíta para colexiados/as
  • Inscrición: na secretaría do Colexio (ata cubrir as 100 prazas)