XI Congreso Nacional da Avogacía: Vitoria 6, 7 e 8 de maio
Entre os días 6 e 8 de maio terá lugar en Vitoria o XI Congreso Nacional da Avogacía. A Xunta de Goberno do Colexio, na sesión do 25.02.2015, acordou conceder 15 bolsas por un importe de 390 € para cubrir os gastos de inscrición neste congreso. Estas bolsas están dirixidas a colexiados exercentes residentes que estean interesados en asistir a estas xornadas.
A solicitude de bolsa realizarase por escrito e concederase segundo a orde rigorosa de presentación. Coa solicitude deberá achegarse necesariamente o xustificante da inscrición no congreso. As bolsas concedidas serán aboadas unha vez que se xustifique a asistencia ao congreso.
- Núm. de bolsas: 15
- Importe: 390 € por bolsa
- Solicitude: por escrito e co xustificante da inscrición
- Aboamento: tras xustificar a asistencia ao congreso
- Máis información: www.abogacia.es
- Inscrición: http://www.inscripcionweb.net/congreso2015/

