Xornada formativa para letrados/as do SOX vivenda
O Colexio de Avogados, en colaboración co Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), organiza unha xornada formativa para os letrados dados de alta na lista do Servizo de Orientación Xurídica sobre Vivenda deste colexio.
Esta formación terá lugar o vindeiro martes, 3 de maio, ás 17.00 h, no salón de actos do edificio do IGVS (entrada principal do edif. Área Central, nas Fontiñas). Será impartida por María de los Ángeles Domínguez Franjo, secretaria xeral do IGVS, que se encargará de explicar as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia en relación cos desafiuzamentos e con especial incidencia nos programas aos que se poderán acoller as persoas que están en risco de perder a vivenda.
- Día: 3 de maio
- Horario: 17.00 h a 18.00 h
- Lugar: salón de actos do IGVS (edif. Área Central, entrada ppal., 2ª planta)
- Asistencia: obrigatoria para os letrados que forman parte desta lista

